Soutelo

BENVIDOS AO CURSO 2022/2023

Bos días a todos e todas!

Xa estamos de volta e coas pilas ben cargadiñas!

Con moita sorpresa, nestes primeiros días, apareceu na clase unha caixa misteriosa…

Este ano mergullarémonos na aventura da ARTE. Preparados? Nós sí!

ITALIA

Ola familias,

Xa visitamos moitos lugares ó longo do curso e agora centrámonos na aprendizaxe dun país xenial Sorriso

SEGUIMOS A NOSA VIAXE

OLA FAMILIAS,

NA AULA DE SOUTELO CONTINUAMOS VIAXANDO POLO MUNDO! 

¿QUEREDES SABER ONDE NOS ATOPAMOS?

AQUÍ TEDES UNHA PISTA

FESTA HOLI

Bo día familias!!

Na nosa viaxe polo mundo detivémonos na INDIA.

Na nosa aprendizaxe sobre dito país descubrimos que teñen unha festa orixinaria e, aproveitando a chegada da primavera, decidimos celebrala!!

A FESTA HOLI 

Velaquí algunhas fotos de resumo Risa Pasámolo bombaa!!!

 

CHEGARON OS DRAGÓNS

Ola familias,

Traio unhas fotiños dos dragóns que hai en Soutelo!!!

Tranquilos e tranquilas porque non tivemos medo, xa que en China, o país sobre o que estamos aprendendo, son símbolo de sorte e éxito!!!

RECEITAS SAUDABLES

Na aula de Soutelo estivemos facendo unhas receitas de cociña!!!

Queredes saber cales e como as fixemos??

ATENTOS!

 

TOSTAS DE AGUACATE E TOMATES CHERRY

 

1 - TOSTAMOS PAN INTEGRAL

 

2 - UNTAMOS QUEIXO

 

3 - COLOCAMOS AGUACATE E TOMATES CHERRY. Tamén aceite e sal (de xeito opcional)

 

AQUÍ AS NOSAS TOSTAS

 

PINCHOS DE FROITAS

 

1 - LAVAMOS A FROITA

 

2 - CORTAMOS EN TROCIÑOS

 

3 - FACEMOS OS PINCHOS

 

O RESULTADO

 

O importante é que todos nos animamos a probar e pasámolo xenial cociñando.

AS NOSAS MARACAS

Ola familias! Estamos de volta neste novo trimestre e continuamos viaxando polo mundo.

Nesta ocasión aprendemos dun país no que atopamos moitas cores e diversión.

Deixámosvos unhas fotiños das nosas creacións, que son un pedaciño do noso traballo. 

Esperamos que vos gusten tanto coma a nós.

Un biquiño!

CONVERTÍMONOS EN JACKSON POLLOCK

Bos días a tod@s!

Investigando sobre o país que estamos traballando, ESTADOS UNIDOS, coñecemos a un artista estadounidense chamado JACKSON POLLOCK.

Por iso, decidimos convertirnos nel e pasámolo xenial!

 

ADIVIÑADES A ONDE VIAXAMOS?

Ola a todos e todas!! 

Coma ben sabedes, continuamos viaxando polo mundo.

Nesta ocasión gozamos aprendendo sobre...

M É X I C O

Déixovos unhas fotiños para que observedes o guapos e guapas que están!!

 

 

 

 

VIAXANDO...

Continuamos aprendendo sobre os países… Nesta ocasión nos atopamos con este agasallo!

Foi unha gran sorpresa!!

Divertímonos moito xogando coa cidade de papel de FRANCIA!!

Distribuir contido

Back to top