San Xurxo
Actividades 4- 3ºtrimestre Mércores 22 Abril
Posted Abril 22nd, 2020 by profeBos días familias, aquí estamos un día máis. Novamente adxúntovos novas propostas de actividades, así como unha proposta que nos fai o equipo de biblioteca, con motivo do día do libro que se celebra mañá 23 de Abril. Animádevos a participar, eu xa o fixen!!
Ademais quero felicitar a dous compañeiros que están de aniversario este mes. É unha mágoa que non podamos celebralo todos xunto no cole, por eso vos animo a que lle fagades un debuxiño como felicitación e mo mandedes, para así poder subilo a esta páxina e que sepan que todos nos acordamos moito deles.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
ACTIVIDADES 3 - 3ºTRIMESTRE luns 20 abril
Posted Abril 20th, 2020 by profeComezamos unha nova semana e aquí vos deixo as miñas propostas! Toca traballar cun novo conto e investigar algún animaliño do mar.
Unha aperta moi grande. Cris
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
Traballamos na casa
Posted Abril 17th, 2020 by profeNoraboa Leire e Marco polos vosos traballos! Leire atopou a solución da adiviña anterior e fixo un debuxo xenial. Marco, encántannos as túas abelliñas. Seguide así chicos
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
ACTIVIDADE 2 - 3º TRIMESTRE
Posted Abril 17th, 2020 by profeBos días de novo! Deixovos unha nova proposta e unha nova adiviña. A partir de agora publicaremos cada semana, os Luns, Mércores e Venres. Se houbese algún cambio xa vos avisaría previamente.
Bicos para todos!!
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
ACTIVIDADES 1 - 3ºTRIMESTRE
Posted Abril 14th, 2020 by profeBenvidas de novo familias!! Espero que pasarades unhas boas "vacacións" e que sigades tod@s ben. Hoxe comezamos o terceiro trimestre, e aínda que non da forma que nos gustaría, toca volver a traballar, sobretodo para que os peques non perdan as rutinas e leven todo esto o mellor posible. Deixovos unha explicación de como organizaremos o traballo estos días e unhas propostas para comezar a traballar cos pequechos. Recordade ter a man un calendario para que os nen@s vexan a fecha e os que xa son capaces a escriban nos traballos que realicen. Moito ánimo e forza...e un bico enorme.
Cris
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
ACTIVIDADES 8
Posted Abril 3rd, 2020 by profeChegaron as "vacacións"!! Deixovos novas propostas e un contiño para que vexades cos peques.
Desfrutade desta semaniña de "vacacións" tan peculiar, xogade moito e compartide todo o tempo que poidades en familia.
Vémonos á volta... un aperta moi grande e millóns de bicos para os peques, estou desexando velos!!!!
Ánimo... cada día que pasa estamos máis preto de acabar con todo isto.
Conto: https://www.yumpu.com/es/document/read/63156813/coronavirus-no-es-un-principe-ni-una-princesa
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
ACTIVIDADES 7
Posted Abril 1st, 2020 by profeQueridas familias, aquí vos deixo novas propostas para facer cos peques.
Hoxe comeza un novo mes...non vos esquezades de poñer a data cada día!! Recordade tamén visitar os espazos das especialidades e dos mestres de apoio...estan cheos de propostas moi divertidas e enxeniosas para os peques!!
Adxúntovos tamén un "conto" que inclúe algunha proposta de actividades, por se vos pode axudar a entreter aos nen@s un ratiño!!
Un bico grande. Cris
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
ACTIVIDADES 6
Posted Marzo 30th, 2020 by profeFamilias, comezamos unha nova semana e xa superamos os primeiros 15 días de confinamento, así que...Noraboa, xa queda menos para gañar a batalla!
Deixovos novamente varias propostas para estes días e tamén un modelo de diploma para que lle fagades os peques, que ben o merecen...estanse portando como campións!!
Un saúdo e un bico enorme. Cris
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
ACTIVIDADES 5
Posted Marzo 27th, 2020 by profeBos días familias. Espero que o e estedes levando o mellor posible e con moito ánimo, Déixovos novas actividades para levar a cabo cos peques. Recordade que todo o que fagades o podedes meter na caixa que despois traeremos o cole. Estaremos encantados de ver os traballiños que fixemos en casa durante estos días!!
Adxunto tamén unha adaptación do conto "O monstro de cores" por se queredes contarllo os nen@s.
Un bico grande, Cris.
- %count lecturas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »