Entenza

OS NOSOS TRABALLOS

Moitas grazas polas vosas fotos Nerea, Lía e Mateo!!

Estádelo facendo xenial!!

Sodes uns campions!!!

 

 

 

3° TRIMESTRE. ACTIVIDADE 8

Bos días familias:

Déixovos novas propostas. Espero que vos gusten.

Recórdovos que mañá xoves é a data límite para participar na mostra fotográfica e infórmovos tamén que hoxe recibiredes unha mensaxe por Abalar Móvil informando dunha nova proposta que tedes na páxina principal da web do centro. 

Un saúdo.

 

OS NOSOS TRABALLOS

Moitas grazas polas vosas fotos Bieito, Carmen, Mateo e Nerea!!

Que ben o estades facendo!!

Seguir así!!

Mándovos unha aperta enorme!!

 

 

 

 

OS NOSOS TRABALLOS

Ola Carmen, Roi, Ana, Nerea, Mateo e Noa!!!

Moitas grazas polas vosas fotos!!!

Traballastes moito esta fin de semana. Estou moi contenta con todos vós.

Mándovos unha aperta e un bico enorme!!

 

 

 

 

 

 

 

OS NOSOS TRABALLOS

Moitas grazas polas fotos Lois!!! 

Moito ánimo e segue así, estalo facendo moi ben!!!

Mándoche un bico enorme!!!!

 

3º TRIMESTRE. ACTIVIDADE 7

Ola familias:

Aquí estou de novo como todos os mércores, con novas actividades para estes días (espero que vos gusten).

Lémbrovos que o venres non imos publicar ningunha proposta porque é día festivo e o luns tampouco porque é día non lectivo no noso centro.

Gozade moito da fin de semana!!!!

Mándovos un bico enorme!!!

OS NOSOS TRABALLOS

Moitas grazas polas vosas fotos Noa e Ana!!!

Estades traballando moito!!!

Mándovos moitos bicos!!!

 

 

3º TRIMESTRE. ACTIVIDADE 6

Bos días familias:

Como o levades? Comezamos a semana de novo con novas propostas que vos deixo nos documentos adxuntos.

 Ademais, infórmovos que para mirar as fotos que lle enviastes a Caselín, só tedes que premer na sección da biblioteca que está á marxe dereita (no apartado animación á lectura). Fíxome moita ilusión ver as vosas fotos, pero aínda faltan moitas.

 E para rematar dicirvos que na páxina principal da web tedes un pequeno documento con pictogramas para explicarlles aos nen@s que cousas poden e non poden facer nas pequenas saídas que agora poden realizar.

Moito ánimo que xa nos queda menos!!!!

Unha aperta moi forte!!!

OS NOSOS TRABALLOS

Moitas grazas Ana polas fotos!!!

Un saúdo!!!

 

3° TRIMESTRE. ACTIVIDADE 5

Ánimo familias que xa é venres!!!!

Para rematar a semana achégovos novas propostas!!!

 

Distribuir contido

Back to top