4 anos B

OS NOSOS NOMES

Estes días estivemos xogando coa plastilina e practicamos a facer con ela os nosos nomes.

Xa nos saen moi ben!! 

 

CARREIRA SOLIDARIA

Un ano máis os/as alumnos/as da aula de 4 anos B colaboraron coa Fundación Unoentrecienmil, participando na carreira solidaria contra a leucemia infantil. 

  

 

 

 

O SAMAÍN

Por fin chegou o gran día e disfrazámonos todos para a ocasión, desde os mestres ata os nenos/as.

Este ano a temática do centro é o cine, e é por iso que todos viñemos á escola caracterizados da película “A familia Adams”.

 

 

 

 

 

 Pasámolo xenial e gozamos coa nosa merenda terrorífica.

 

 

 

ACTIVIDADES DO SAMAÍN

Estes días os/as nenos/as realizaron varios traballos manuais  relacionados co Samaín. 

 

 

DECORACIÓN DA AULA

Por fin chega o Samaín, unha data moi esperada polos nosos/as alumnos/as.

Mirade que ilusionados están os/as nenos/as decorando a aula para a ocasión.

 

OS NOSOS NOMES

Os/as nosos/as alumnos/as están a traballar moi duro para aprender a escribir o seu nome. O outro día realizamos esta actividade tan divertida, pintaron con tempera o seu nome e decorárono con brillantina.

 

Este é o resultado!! Gústavos como lle quedaron?

 

 

XOGOS DE EQUILIBRIO, CONCENTRACIÓN E ATENCIÓN

Hoxe na aula temos uns xogos novos que lles van a axudar aos nosos/as alumnos/as a mellorar a atención e a concentración.

Mirade que ben o pasan!!!

BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2020-2021

Por fin estamos de volta na nosa escola, este curso con moitas máis ganas que nunca despois de tantos meses sen vernos.

Comezamos un novo curso escolar con moitos cambios, protocolos, normas e obstáculos no noso camiño (a causa do COVID-19), pero máis que nunca con moita ilusión, enerxía e ganas de gozar.

 Aquí están os/as alumnos/as de 4 anos B coas súas divertidas máscaras e mantendo a distancia de seguridade entre os grupos colaborativos.

 

 

Este ano dentro da aula traballamos mediante grupos colaborativos dun máximo de 5 alumnos/as por grupo. Estes son os grupos colaborativos da aula de 4 anos B.

 

 

 

Na aula os/as nenos/as acceden aos recunchos de maneira individual, tal e como o establece o protocolo de adaptación ao contexto covid.

 

FIN CURSO 2019/2020

Último esforzo final...e para iso ...unha actividade solidaria!!

Temos a oportunidade de aportar o noso gran de area nesta iniciativa solidaria proposta por un dos profes do noso cole...seguro que todos/as os/as nenos/as coñecen ao profe Diego....

Ademais  outros profes acompañarémolo nos últimos km 

Apetéceche acompañarnos??? Recordade que sempre debemos manter as medidas de seguridade. 

Unha forte aperta. Miriam 

Última proposta curso 2019/2020

Bos días familias

Hoxe é  a última tarefa para o curso escolar 2019/2020. 

Espero que vos guste ...e o máis importante...que disfrutedes do voso tempo en familia. 

Un bico enorme

Miriam

Distribuir contido

Back to top