Educación musical

MÚSICA NA CASA. Barquiño de pau

Booooas nenas e nenos!!!! Voltamos con moita forza das vacacións! Aquí tendes unha nova canción para aprender. Forma parte do proxecto do mar e é moi divertida. Titúlase Barquiño de pau e está interpretada pola compañía Tropa de Trapo. Seguide as instrucións:

1. Escoitámola unha vez.

2. Intentamos imitar os xestos que fan os protagonistas.

3. Memorizamos e cantámola enteira. Proba varias veces.

A través destas pequenas cancións traballamos o ritmo, a entonación e movemento. Tamén nos podemos fixar no volumen ou intensidade. Comezan baixiño e, pouco a pouco, suben o volumen. É moi importante que os nenos e nenas se fixen nestes detalles e os reproduzan para adquirir as competencias básicas con respecto aos parámetros do son.

FELISA ESTÁ MOI CONTENTA de estar de novo con todas e todos vós!!!

Non vos esquecer de enviar os vosos traballos e progresos ao correo: sorayaaulademusica@gmail.com poden ser vídeos, fotos, fichas, etc. Todo o que se vai propoñendo na web. A profe Soraya e Felisa estarán encantadas de ver o voso traballo.

MÚSICA NA CASA. Danza e movemento

Rematamos a semana e chegan as vacacións!!!!! Para celebralo, Felisa e a profe Soraya tráennos un xogo sorpresa!

O Xogo que máis lle gusta aos nenos e nenas do CRA Raíña Aragonta! 

Ollade o video e a xogar! Un bico e unha aperta ben grande!!

MÚSICA NA CASA. Artistas

Mirade canto traballa Iker de 3B. A súa clave de sol quedou superchulaaaa! Noraboa!!!!

MÚSICA NA CASA. Artistas

Parabéns a Nadia de 4B que fixo unha clave de sol espectacular! Á Felisa e á profe

Soraya encántanooosss!!!

 

MÚSICA NA CASA. Artistas

Bo día!!! aquí tendes unha mostra dos e das artistas que hai no CRA Raíña Aragonta! Parabéns  a Ulises de 5A e a Alma de 4A que fixeron unhas claves de sol fantásticas!! Noraboa!! Encántannos!!!

MÚSICA NA CASA. Artistas

Fixádevos que clave de Sol máis bonita fixo Jorge de 5C!!! Guauuuu leva de todo!

Encántanos! Parabéns Jorge!! Noraboa polo teu traballo.

MÚSICA NA CASA. Recordamos

Bos días nenas e nenos!!!! Mirade que xogo nos trae Felisa!

Imos facer memoria e recordar os instrumentos de

percusión que tocamos na aula de música! A ver cantos

acertades!! Abride ben as orellas!!!!!

MÚSICA NA CASA. Artistas

Mirade que marabilla de clave de Sol fixo Mar de 5A!!! Menuda chulada! Agora pode levar a súa clave de sol posta! Á profe Soraya e á Felisa encántalle.

Atentos e atentas ao seu traballo!! Noraboaa Mar!

MÚSICA NA CASA. Exploración sonora

Boas nenas e nenos!!! Imos a pola seguinte semana!

Hoxe Felisa tráenos unha sorpresa! Primeiro tendes que ver o vídeo explicativo que fixo a profe Soraya.

Trátase dunha aplicación que se chama Incredibox. Con ela podemos xogar co son e compoñer cancións! Se seguimos as suxerencias do programa ata podemos crear videoclips da nosa obra!!!

Atentas e atentos!

Agora entrade e a disfrutar deste xogo! 

 https://www.incredibox.com/ 

MÚSICA NA CASA. Artistas

Vaia, vai! A vosa creatividade non para! Fixádevos que claves de sol máis chulas con cascas de ovo e tréboles!!! Moitos parabéns a Gael de 4B e Ainhara de 5B!! Á Felisa e á profe Soraya encántalles o voso traballo!

 

Distribuir contido

Back to top