Apoios

"GLU, GLU, GLU" 11#

in

Bos días! cómo estades?. Hoxe temos duas tarefas moi sinxelas e con unha delas ata poderedes pasar un bo rato xogando na casa.

Espero que vos gusten e disfrutedes do sol para pasear, xogar, etc.

 

Un choque de puñoRisa

Experimentos 4

in

Ola a tod@s,

 

Como van eses experimentos?  seguro que xa sodes un expertos/as e, apetécevos seguir practicando?  Pois veña,  que aquí vos deixo unha nova entrega con máis experimentos con auga.

Moita sorte da profe Yasmina para os meus científic@sRisa

Navegando coa profe Ana

in

Bo luns meus peixiños,

Espero que tiverades unha fin de semana xenial! Nesta semana imos traballar en relación a un medio de transporte marítimo.. para que saibades cal é vos propoño unha adiviña.

Xa sabedes qué é?

Claro que si, era o submarino!!

Durante estos días imos aprender unhas cousiñas dos mesmos pero... que vos parece se comezamos por debuxalo. Vos propoño o seguinte: primeiro, que intentedes debuxar un submarino vos soliños e, despois, que o intentedes cando teñades visto este vídeo de Louie.

Encantaríame ver o resultado... se queredes podedes enviarme os vosos debuxos ao correo anaprofedeapoio@gmail.com

Asemade, vos deixo un documento con dúas manualidades e un xogo de unir submarinos coas súas sombras. 

Espero que vos gusten e pasedes un rato con elas.

Vémonos o mércores cun experimento que creo que vos vai gustar.

Biquiños salgados 

 

"GLU, GLU, GLU" 10#

in

Bos días! Comezamos a semana cunha curta sobre o valor de compartir, algo que puidemos experimentar coa situación que estamos a vivir https://www.youtube.com/watch?v=bp-Kcgbfehc. Tamén vos deixo un xogo co que adestrar a vosa agudeza visual, así que...prestade moita atención!

 

Un choque de puñoRisa

EXPERIMENTOS 3

in

Aquí vos vai unha nova entrega de experimentos con auga. Espero que vos guste, moita sorte da profe Yasmina.

Navegando coa profe Ana

in

Bo venres peixiños,

Espero que tiverades unha moi boa semana. Como todos os venres vos traio uns xogos para compartir coas vosas familias.  No documento XOGOS atoparedes dous e a explicación dos mesmos e o terceiro o atoparedes nun documento difernte.

Seguro que pasades un bo rato xogando con eles,

Biquiños salgados,

"GLU, GLU, GLU" 9#

in

Bos días!! Xa é venres e para hoxe nas miñas propostas preséntovos un pequeno traballo e tamén unha receita moi faciliña para que fagades  e degustedes en familia.

 

Desfrutade dos paseos!

 

Un choque de puño Risa

Navegando coa profe Ana

in

Bo mércores peixiños,

Hoxe nos toca conto e, como no sabía por cal decidirme.. tedes sesión dobre!

Hoxe vos contarei: “La P pirata” e como non teño o conto pero me encanta, vos remito a un enlace no que poderedes escoitar e ver “Daniela pirata”.

 

                                   

 

Despois de escoitalos, podedes xogar a recontalos coas vosas familias e facer un debuxo do que máis vos gustase.

Tamén vos deixo un documento con algunhas propostas de actividade que creo que vos gustarán como facer un mapa do tesouro ou buscar o que pode haber dentro dun cofre, …

Moito ánimo e a divertirse moito!

Biquiños salgados

Xoga con quizziz: Canto sabes do mar?

in

 

 

Ola a todos/as,

 

 

Nesta ocasión traíovos un xogo que preparei para que fagades no ordenador "cánto sabedes do mar", apetécevos xogar?

Pois só tedes que pedirlle axuda a un adulto para que vos meta no xogo co código que vos deixo e... a xogar!!!

 

Pasos:


1º- Entra en joinmyquiz.com

2º- Introduce o código  0334198

 


Se ves que así non che vai, tamén podes entrar a través da URL que che deixo: 

https://quizizz.com/join?gc=0334198

 

 

Espero que o desfrutedes.

Moita sorte da profe YasminaGuiño

 

"GLU, GLU, GLU" 8#

in

Olaa! Que nos tocará hoxe? Pois propoñovos un encrucillado e unha actividade moi chula para que escollades un tiburón e o sigades alén do mares.

Espero que vos guste moito!

Un choque de puñoRisa

 

Distribuir contido

Back to top