Apoios

A PROFE ANA PROPÓN (día 4)

in

Bo día miñas cousiñas!!

Que tal foron estes días?? Seguro que xa sodes uns campións e unhas campionas deste xogo do escondite. Para este día vos deixo novas propostas que espero vos gusten e vos axuden a pasar un bo rato.

 

Moitísimos biquiños!!

UNHA NOVA SEMANA E NOVOS RETOS

in

Comezaremos a semana cunhas actividades para desenvolver en familia coas que podedes traballar a creatividade ou o refugallo. Sen dúbida será unha forma de que as nosas horas no interior das mesmas 4 paredes, nos permitan sair durante un anaquiño a través da nosa imaxinación.

 

A desfrutar!

 

 

EXPERIENCIAS DIVERTIDAS

in

Hoxe os traemos 20 actividades fáciles e divertidas para facer cos máis pequenos da casa.

Esperamos faceros a corentena máis levadeira. Ánimo

DIVERSIÓN E APRENDIZAXE... SEMPRE DA MAN

in

Ola a todos e todas, 

Hoxe propóñovos convertervos en pequenos/as científicos, así que aquí vos deixo unha serie de experimentos divertidos.

A desfrutar!!

A PROFE ANA PROPÓN... (día 3)

in

Bo día miñas cousiñas!!

Outro día máis, dende a casa, vos propoño unha serie de xogos e actividades para pasar o rato e divertirse. Tamén vos deixo uns vídeos que espero que vos gusten.

Moito ánimo e seguide facendoo tan ben como ata agora. Quedade na casiña, se o coronavirus non nos ve marchará pronto así que... a agocharse!

 

 

 
 

A PROFE ANA PROPÓN... (día 2)

in

Bos días peques,

outro día máis toca estar en casiña. De novo vos deixo unha escolma de actividades para facer nos distintos espazos da casa e tres novos vídeos. Espero que vos gusten e que vos sirvan para pasar un bo rato.

Saúdo

Xogamos con títeres

Xogamos con títeres 2

DIVERSIÓN E APRENDIZAXE... SEMPRE DA MAN

in

A aprendizaxe é importante, pero se se fai dun xeito lúdico e máis estimulante e motivador, polo que as veces podemos apoiarnos nos nosos persoaxes favoritos coma Pocoyó, quen nos suxire múltiples e moi variadas actividades. Anímate a probar!!! 

https://www.pocoyo.com/juegos-ninos

Contos

in

CONTOS

Para poder ler ou escoitar diferentes contos nestes días en familia, engadímosvos este enlace con contos variados.

https://cuentosparadormir.com/

 

A PROFE ANA PROPÓN...

in

Ola peques!!

Como todas e todos vos me toca estar en casiña, co que me gusta a min itinerar... Chora

Para facer máis levadeiro este tempo, deixovos algunhas ideas para pasar o rato e aproveitar para seguir aprendendo. Desfrutade das persoas que están ao voso arredor e ánimo, que pronto pasará todo isto e nos veremos outra vez!

Vídeo saúdo

Vídeo Conto

 

 

 

 

CONTO

in

Este conto "Rosa contra el virus" axudará a que os nenos entendan a situación que estamos vivindo. Animámosvos a leelo cos vosos fillos.

Distribuir contido

Back to top