ENTENZA

"DONAS DE SÍ". ENRIQUETA REYES

  Ademais destas actividades na aula de Entenza cada semana dedicámoslla a unha muller pioneira da historia. Con cada muller realizamos tres fichas e un taller. 

 

 

  Comezamos traballando a Enriqueta Reyes, que foi a primeira muller bombera de Cuba e América Latina.

   

 

 

Fixemos un conto sobre Enriqueta Reyes, onde cada neno debuxou unha páxina e gravamos as nosas voces. Con todo eles montamos un vídeo. 

E despois no entroido deseñamos uns gorros e unhas machadas para os nosos disfraces de bombeiro.

 

"DONAS DE SÍ". LENTES DA IGUALDADE

 
Para visitar a biblioteca de Caselín elaboramos unhas lentes da igualdade. Estas lentes son de cor violeta e serven para ver todos os contos iguais. Os nenos e nenas déronse conta que non hai contos para nenos e contos para nenas, senón que todos os contos son para todos. Grazas ás nosas lentes puidemos gozar da biblioteca.

 

"DONAS DE SÍ". MURAL

 Na aula colocamos un mural co mapa do mundo. Nese mapa localizamos o país de nacemento de cada muller e colocamos a bandeira do seu país.

"DONAS DE SÍ". O LLAVERO

Co material jumping clay os nenos e as nenas moldearon un llavero co signo da iguadade.

 

 

"DONAS DE SÍ". MÉMORI

Con tapas de botellas elaboramos un mémori de mulleres pioneiras.

"DONAS DE SÍ" . LIBRO DE INVESTIGACIÓN

Coa axuda das familias os nenos e as nenas na casa fixeron un traballo de investigación, onde cada neno/a investigou unha muller pioneira. Con todas estas investigacións realizamos un libro que titulamos “Mulleres pioneiras da historia”.

 

 

"DONAS DE SÍ". O CALENDARIO

Na aula fixemos un calendario de mulleres importantes, onde cada mes está dedicado a unha muller. Cada neno/a realizou unha páxina, onde decoraron a foto da muller e repasaron os números.

 

 

"DONAS DE SÍ". OS DISFRACES

No entroido os nenos e as nenas descubriron que os disfraces non teñen xénero, por iso realizamos un mural co lema “Os disfraces non teñen sexo, adeus aos prexuizos, todos somos iguais” e decoramos o mural cos nosos disfraces preferidos.




"DONAS DE SI". AS CORES

Grazas ás ordes da nosa mascota, os nenos e as nenas aprenderon que as cores non son nin de nenas nin de nenos, senón de todos. Polo cal, o martes de entroido todos os alumnos/as viñeron vestidos de cor azul e o mércores viñeron vestidos de cor rosa.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

"DONAS DE SÍ". YAYOI KUSAMA

Na Samaín os nenos e as nenas de Entenza decoraron as cabazas segundo a técnica de Yayoi Kusama

 

  

Distribuir contido

Back to top