Skip to Content

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO 2017/2018

No seguinte arquivo poderán consultar as listas provisionais de admitidos, para cursar estudos neste centro o vindeiro curso 2017/2018.

Na semana anterior ao 15 de maio, publicaranse as listas definitivas de admitidos.

Deberán pasar a formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de xuño.

 

A Dirección do centro

MELLORAS NAS INSTALACIONS DO CENTRO

Ao longo das vacacions de Semana Santa, estanse a levar a cabo labores de mantemento das instalacions do centro por parte do persoal do Concello de Salceda.

Ao tempo a aula de Entenza disfrutará dun novo chan, sufragado pola Conselleria de educación e o centro. 

O martes 18 estaremos de novo, con ánimo e ilusión, para disfrutar dun novo trimestre.

A dirección do centro

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2017/2018

A dirección do centro informa:

  • Que NON é preciso baremar as solicitudes presentadas.
  • Que deberán consultar as listas provisionais de admitidos na semana anterior ao 25 de abril.

 

 

DÍA DE ENTROIDO

Hoxe os nenos e nenas desfilaron polas rúas de Salceda.

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO 2017/2018

     Estimadas familias deixámoslles a información relativa ao proceso de admisión do alumnado para o vindeiro curso 2017/2018. Téndela a vosa disposición para poder descargala no ficheiro adxunto ou pinchando AQUÍ. Un saúdo.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA FAMILIAS DE NOVO ALUMNADO

O vindeiro día 1 de marzo, ábrese o prazo para que as familias que desexen que os seus fillos/as cursen estudos neste centro o vindeiro curso 2017/2018, poidan tramitar as súas solicitudes.

É por este motivo, que a aquelas persoas que estén interesadas en coñecer un pouco máis o funcionamento do noso centro, están convidadas a participar da Xornada de portas abertas, que terá lugar o vindeiro martes día 21 de febreiro ás 16:30 horas, nas instalacións da sede do CRA, situado na Rúa Rosalía de Castro 11-A (debaixo do CEP Altamira).

UNHA IMAXE VALE MÁIS QUE MIL PALABRAS

Hoxe deixamos unha pequena mostra das mochilas camiño do seu destino.

Esperamos que sirva para que algún neno e nena, seus papás e súas mamás, poidan por uns instres olvidar a dura situación pola que están a pasar.

UN PEDACIÑO DE NOS

DENDE O CRA RAÍÑA ARAGONTA QUEREMOS AGRADECER A PARTICIPACIÓN, A SOLIDARIEDADE, O COMPROMISO E A EMPATÍA COS NENOS/AS DOS CAMPOS DE REFUXIADOS SIRIOS. ESTE É O MELLOR XEITO DE CONMEMORAR O DÍA DA PAZ.  Pincha no enlace para ver unha pequena mostra da participación

ADMISIÓN ALUMNADO

Normativa reguladora: Orde do 12 de marzo de 2013 (DOGdo 15/03/2013)

Normativa reguladora: Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 01/02/2017)

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/files/20170201_admision.pdf

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/21113

RESERVA DE PRAZA CURSO 2017/2018 : Para aqueles alumnos/as que actualmente cursa estudos de 6º de educación infantil e teña previsto cursar estudos de 1º de primaria no CEP Altamira. Entre o 1 e o 15 de febreiro entregaráselles o documento correspondente para formalizar a reserva.

SOLICITUDE DE PRAZA PARA O CURSO 2017/2018: Para aqueles nenos/as que desexen iniciar os estudos correspondentes a educación infantil no noso centro. O prazo abrangue do 1 ao 20 de marzo. En breve achegarase máis información para a solicitude de praza.

FELIZ DÍA DA PAZ

Por un mundo mellor para todos e todas, pero sobre todo para os nenos e nenas do mundo.

Eles son o futuro!!

Distribuir contido


by Dr. Radut