FORMACIÓN DO PROFESORADO EN PRIMEIROS AUXILIOS E NO PLAN DE EVACUACIÓN DO CENTRO

Nas pasadas semanas o profesorado do CRA Raíña Aragonta, recibíu formación sobre primeiros auxilios, entendendo que, na nosa profesión é importante estar ao tanto de como actuar no caso de que se presente algunha urxencia ou accidente. Tamén recibimos formación para poder detectar un shock anafiláctico e de como inxectar unha adrenalina no caso de ser necesario.

A formación foi impartida por Dona Laura González Yagüe. enfermeira en activo no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, a quen agradecemos a súa participación desinteresada e a súa enerxía e vitalidade á hora de transmitir a información. Maravillosa profesional e gran comunicadora.

O pasado martes, o profesorado tamén recibíu formación relativa ao Plan de evacuación do centro, impartido pola empresa Xestores de prevención, de xeito, que todos e cada un dos mestres  estén preparados nunha situación de emerxencia no caso de ter que evacuar as instalacións.

 

Back to top