ÚLTIMA HORA. SERVIZOS MÍNIMOS NA SEDE DO CRA

Informamos que debido á actual situación que existe en toda a comunidade, por mor dos incendios, vémonos na obriga de manter só servizos mínimos na sede do CRA, pola imposibilidade de gran parte do profesorado en acudir ao centro.

Sentimos non ter informado antes, pero evidentemente fixemos todo o posible para poder abrir as aulas e o centro ata o último momento. De todos os xeitos, puxémonos en contacto co ANPA e co concello, de xeito que foran informando á maior parte da comunidade educativa posible. 

A dirección do centro.

Back to top