23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro (23 de febreiro), o Equipo de Dinamización da Lingua Galega achegámosvos varias propostas relacionadas coa poetisa galega, para que as poñades en práctica:

 

1º PROPOSTA:  RADIO ROSALÍA

Aproveitando a proximidade entre as datas de celebración tanto do Día Mundial da Radio (13 de febreiro) como do Día de Rosalía de Castro (23 de febreiro, data do seu nacemento), o EDLG xunto co Equipo de Biblioteca achegámosvos por primeira vez ó espazo da radio escolar “RADIO ARAONDA”, para que o alumnado leve a cabo o seu primeiro contacto co espazo na radio na conmemoración do aniversario da autora.

 Para elo, durante a semana do 20 ao 23 de febreiro, todas as aulas do CRA pasarán pola radio para que cada neno/a: saúde aos oíntes, se presente en galego... e, ademais, recite un verso do poema de Rosalía (“Adiós ríos, adiós fontes” de Cantares Gallegos). Ademais do poema, tamén desfrutaremos no espazo da radio da música de Uxía Senlle, en concreto da canción “Rosalía Pequeniña” (unha adaptación dun texto de Rosalía) e que tamén poderán cantar.

 

2º PROPOSTA: COÑECENDO A ROSALÍA DE CASTRO

 Achegámosvos unha proposta para levar a cabo na aula baseada en diferentes recursos que, segundo o interese do profesorado, podedes empregar co fin de que o alumnado coñeza á figura desta poetisa galega*. 

 

IMAXES DE ROSALÍA PARA EMPREGAR:

  

 

   

 

VÍDEO “ANIMADO” DOS BOLECHAS SOBRE ROSALÍA DE CASTRO

 https://www.lingua.gal/recursos/todos?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2018/contido_0042.html

 

U.D. sobre Rosalía de Castro (para Educ. Infantil) con diferentes actividades:

      https://es.calameo.com/read/00670476639e85dc9afc7

 (Inf. e Primaria)    https://www.calameo.com/read/006704766387021d7bfa6

______________________

 

*** En calquera caso, pedímosvos que, por favor, nos mandedes algunha foto/vídeo do que, sobre Rosalía de Castro, fagades nas aulas. Podedes envialas por whatsapp e/ou ao noso correo:  aragontanormalizacion@gmail.com

Comentarios

Enviar un comentario novo

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
4 + 1 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.

Back to top