MALETAS VIAXEIRAS (CURSO ESCOLAR 2022-2023)

MALETAS VIAXEIRAS

 

Dende a biblioteca escolar seguimos cos préstamos das “maletas viaxeiras”, xa que o curso pasado tivo unha grande acollida entre as familias.

 

A biblioteca dispón de seis maletas, que contan con diferentes recursos educativos (dous xogos educativos, un libro pedagóxico para adultos, un libro musical, un libro en inglés, outro en galego e un conto en castelán).

 

  

INFORMACIÓN SOBRE A RESERVA DAS MALETAS VIAXEIRAS

Destinatarios:todo o alumnado do CRA Raiña Aragonta.

Solicitude:mediante correo electrónico á seguinte ligazón bibliotecaaragonta@gmail.com indicando o nome do alumno/a, a aula no que están matriculados e día que prefiren recoller as maletas (martes ou xoves).

Confirmación: unha vez realizada a solicitude, a familia recibirá un correo electrónico informándolle o día exacto que comeza o préstamo.

Duración: o préstamo será dunha semana.

Recollida e devolución: a familia será a encargada de recoller e entregar a maleta na biblioteca do CRA Raiña Aragonta.

Horario: os martes de 16:00 a 17:00 e os xoves de 17:00 a 17:30.

Deterioración ou perda de material: as familias serán as responsables dos danos ou perdas que poidan sufrir os materiais mentres dure o préstamo.

Comentarios

Enviar un comentario novo

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
2 + 0 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.

Back to top