Resolución provisional de alumnado admitido para o curso escolar 2015-2016

O Consello Escolar do CRA Raíña Aragonta, despois da xuntanza mantida o 21 de abril de 2015 para atender as solicitudes de admisión presentadas e unha vez determinada a puntuación resultante de aplicar os criterios de baremo, fai pública a lista provisional de alumnos e alumnas admitidas para o vindeiro curso escolar 2015-2016.

Estas listaxes terán un carácter provisional e poderán ser obxecto de reclamación ante o consello escolar no prazo de cinco días hábiles dende a súa publicación. A reclamación será presentada por escrito na secretaría do centro.

 Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, publicaranse as listaxes definitivas de alumnado admitido nos taboleiros de anuncios do centro antes do 15 de maio de 2015.

LISTAXE PROVISIONAL

AdxuntoTamaño
LISTAS PROVISIONAIS PARA O CURSO ESCOLAR 2015.doc76.5 KB

Back to top