Responder ó comentario
MALETAS VIAXEIRAS
Posted Febreiro 9th, 2022 by profe1Dende o equipo de biblioteca escolar decidimos crear un novo servizo de préstamo denominado “maletas viaxeiras”, despois de observar a enorme acollida que tivo as maletas creativas.
A biblioteca dispón de seis novas maletas, que contan con diferentes recursos educativos (dous xogos educativos, un libro pedagóxico para adultos, un libro musical, un libro en inglés, outro en galego e un conto en castelán).
INFORMACIÓN SOBRE A RESERVA DAS MALETAS VIAXEIRAS
Destinatarios:todo o alumnado do CRA Raiña Aragonta.
Solicitude:mediante correo electrónico á seguinte ligazón bibliotecarainaaragonta@gmail.com indicando o nome do alumno/a e a aula no que están matriculados.
Orde de prioridade: segundo a orde de chegada das solicitudes (no caso de ser moitas as solicitudes terán preferencia primeiro os alumnos/as de 6º de Educación Infantil, despois o alumnado de 5º de Educación Infantil e finalmente 4º de Educación Infantil).
Confirmación: unha vez realizada a solicitude, a familia recibirá un correo electrónico informándolle o día exacto que comeza o préstamo.
Duración: o préstamo será dunha semana (de martes ao martes da semana seguinte).
Recollida e devolución: a familia será a encargada de recoller e entregar a maleta na sede do centro educativo.
Horario: os martes de 16:00 a 16:30.
Deterioro ou perda do material: as familias serán as responsables dos danos ou perdas que poidan sufrir os materiais mentres dure o préstamo.
- %count lecturas