Responder ó comentario

Novo experimento na clase

Boas familias!!

Por fin estamos todos xuntos outra vez... e como nos botamos de menos!!

Pero a nosa vida escolar ten que seguir, e os venres de ciencia/experimento son...dos nosos preferidos!!! A semana pasada algo andivemos a argallar coas flores que vos pedimos, aínda que temos que recoñecer que non pasou todo como esperabamos....

Aquí tedes algunha imaxe do que pasou:

Primeiro tivemos que preparar ben as cores; para iso soamente tivemos que botar o colorante na auga e remexer moi ben.

Logo metémolas calas na auga e.....xa so quedaba esperar!!!

 

Pero soamente nos funcionou coa cor azul...que lle imos a facer...ás veces os experimentos non saen coma un espera. O importante é que o pasamos moi ben!!

 

Un saúdo da profe Judit

 

 

 

 

 

Responder

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
5 + 1 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.

Back to top