ROTEIRO LITERARIO 2024

O día 23 de Abril conmemórase o Día do Libro, para tal ocasión a ANPA As Landras organizou un roteiro literario baseado nos debuxos do Xabarín CRA. Foron dúas xornadas que o alumnado disfrutou moitísimo, atopando no camiño diferentes personaxes de debuxos e axudándoos nas probas que nos tiñan preparadas.

 Grazas as nais e pais da ANPA que fixeron posible esta actividade tan divertida.

 Neste vídeo tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos

 O Equipo da Biblioteca Escolar

 

INAUGURACIÓN DA RADIO E DÍA DE ROSALÍA

Co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro o 23 de febreiro, o equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizaron unha actividade para que o alumnado puidera coñecer o novo espazo da Radio AraOnda, ter unha primeira toma de contacto cos micrófonos, os cascos, os altofalantes...ademáis graváronse recitando o poema "Adios ríos, adios fontes" da poetisa galega. Unha actividade que desfrutaron moitísimo, como podedes comprobar pinchando na seguinte imaxe.

 

 

O ENTROIDO NA ESCOLA

CHEGA O ENTROIDO... FESTA RACHADA!

Moi bo día a todos e todas!

Dende o Equipo e Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos  dar unha gran benvida ao tempo de Entroido!!!.  Momento de máscaras, antefaces, disfraces, maquillaxes, emocións, etc.  E, por suposto, moito, moito, moooito desfrute. Así pois, para comezar... aquí vos vai o cartel dos Mandadiños de Entroido deste ano, nesta ocasión, inspirado nos DEBUXOS ANIMADOS !!!

Esperamos e desexamos que o pasedes xenial e… que VIVA O CARNAVAL!!!

Dia escolar da non violencia e da paz

Distribuir contido

Back to top