Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES |
O 24 de outubro celebraremos o día das bibliotecas escolares cunha actividade que ten relación co lema e o cartel deste ano. Os nen@s terán que debuxar ou escribir nunha folla que lle damos por que lle gusta ir a biblioteca da escola e que aprenden nela. Despois todas as follas se colgarán nunha árbore de cada escola. Aquí podedes ver o resultado da nosa actividad: |
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES |
O 24 de outubro celebraremos o día das bibliotecas escolares cunha actividade que ten relación co lema e o cartel deste ano. Os nen@s terán que debuxar ou escribir nunha folla que lle damos por que lle gusta ir a biblioteca da escola e que aprenden nela. Despois todas as follas se colgarán nunha árbore de cada escola. Aquí podedes ver o resultado da nosa actividad: |
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES |
O 24 de outubro celebraremos o día das bibliotecas escolares cunha actividade que ten relación co lema e o cartel deste ano. Os nen@s terán que debuxar ou escribir nunha folla que lle damos por que lle gusta ir a biblioteca da escola e que aprenden nela. Despois todas as follas se colgarán nunha árbore de cada escola. Aquí podedes ver o resultado da nosa actividad: |
ARTE CON LEANDRO LAMAS |
Estos meses imos aprender a pensar coa pintura dun artista galego: LEANDRO LAMAS. Nado en Narón, o 14 de xaneiro de 1973, a parte de pintor é ilustrador, actor e director teatral. Elexímolo pola súa capacidade de crear soños e fantasía colorista desde a propia realidade galega a través da súa obra chea de positivismo e ledicia. Aquí vos deixo unha presentación da súa obra coa música de Guadi Galego "Mergullei"
|
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO |
O 23 de Abril , día do libro, fomos ao Auditorio de Ribadavia a disfrutar dun espéctaculo de Tarabelos Teatro Sabela e o paxaro máxico. Unha adaptación dun conto popular galego que mostra as penurias dunha pobre nena que habita nun castelo. Pero Sabela non é unha princesa, ainda que lle gustaría selo, para que non se meteran con ela como o fan. Un bo espéctaculo de monicreques para, que dende ben novos, os cativos aprendan a rachar con estereotipos. Despois fomos a meredar ao parque e Kevin, un neno de San Cristovo, atopou un libro de bookcrossing (consiste en coller o libro, lelo e despois deixalo noutro lugar para que o colla e disfrute da lectura outra persoa). Aquí vos queda algunha das imaxes . |
BOLSAS QUE VEÑEN E VAN |
Na escola de San Paio quixeron aproveitar o bo tempo e sairon ao bosque a contarlles as árbores, aos mouchos e a mascota Xoaniña Rosalía os contos que levaron nas bolsiñas laranxas o fin de semana.
|
8 MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA |
A profe Raquel aproveitou esta data para achegar aos máis pequenos a figura de Frida Kahlo. |
Como aprendemos lendo! |
H |
Como aprendemos lendo! |
H |
Como aprendemos lendo! |
H |
Chegou un amigo Novo a biblioteca |
|
2 ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL |
Dede 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis xóvenes. A responsabilidade do cartel e o díptico deste ano 2019 correspondeulle a Lituania. A autoría do texto e a ilustración son de Kestius Kasparavicius, quen titula a súa mensaxe: Os libros fannos acougar. |
EXPOSICIÓN E TROCO DE LIBROS |
Un ano máis tod@s @s alumn@s do cole trouxeron os seus libros favoritos das casas para facer intercambio c@s seus compañeir@s. |
MADRIÑAS LECTORAS |
As alumnas de primaria da escola de Francelos fixeron de madriñas e léronlle aos máis pequenos da escola. |
MARCAPÁXINAS CON CASTAÑAS E REFRÁNS. |
Polo magosto: marcapáxinas. de Vanesa Carballo Leal |
GUÍA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS. |
Blue Colourful Kindergarten Bi-Fold Brochure de Vanesa Carballo Leal |
RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O NADAL. |
RECOMENDACIONS LECTORAS NADAL de Vanesa Carballo Leal |
SEMANA DA PRENSA ESCOLAR |
Co gallo da semana da prensa escolar, dende a biblioteca coordinamos en colaboración co EDNL, un novo suplemento do noso xornal A voz do Cra, sobre María Casares, artriz galega da República, que coñecemos e investigamos sobre a súa vida e obra relacionamos co 8 de marzo Día internacional da Muller e o noso proxecto integrado do cine. O producto final queda recollido tanto en formato dixital como impreso que será catalogado como material de elaboración propia. Esperamos que vos guste xa que o alumnado de primaria adicou moito esforzo e conseguiu un resultado espectacular! Noraboa.
Ademais nas aulas de infantil fixemos este libriño para levar para casa. |
PROXECTO ANUAL: UN CRA DE CINE |
Nas tres escolas do CRA traballamos ao longo do curso un proxecto sobre o CINE. Foi un proxecto ambicioso pero que resultou crear un gran interese e motivación no noso alumnado. Levamos a cabo unha chea de actividades coordinadas e globalizadas que nos axudaron a traballar as competencias básicas e favoreceron os procesos de ensinaza aprendizaxe. Desenvolvemos o proxecto en tres fases: motivación, búsqueda e tratamento da información e comunicación do aprendido mediante a creación, produción e edición propia dunha curtametraxe. Na seguinte presentación queda recollida a PROPOSTA PEDAGÓXICA onde se recollen os obxectivos xerais do proxecto, a organización das actividades, metodoloxía empregada e avaliación. PROXECTO CINE de Vanesa Carballo Leal CURTAMETRAXE SALVAR A CARBALLEIRA DA ESCOLA DE SAN PAIO |
MUSEO MEDIEVAL SOBRE A ALIMENTACIÓN NA IDADE MEDIA. |
Expuxemos esta información que recollemos tralas nosas investigacións o día do Banquete Medieval para ensinar as nosas familias. Nas rodas informativas temos as características da nosa alimentación actual que como ben sabemos xa, nada ten que ver coa da época da idade media. Na escola de San Cristovo este trimestre levaron a cabo un OBRADOIRO DE OURIVERÍA coas familias. Deixamos un vídeo a modo de resumo para que vexades as técnicas que se empregaban na idade media e o ben que os pasaron tanto os cativos como as súas familias. |
POLO NADAL UN DOMINÓ MEDIEVAL |
DESPOIS DE FACER O BOOK DA SOCIEDADE MEDIEVAL COAS SÚAS PROPIAS FOTOS, DECIDIMOS CREAR COAS MESMAS UN DOMINÓ PARA CADA ALUMN@ PARA XOGAR COAS FAMILIAS NO NADAL. CREAMOS OS NOSOS PROPIOS AGASALLOS E CONCIENCIAMOS SOBRE O XÉNERO NOS XOGOS E XOGUETES PROMOVENDO A IGUALDADE, A REDUCCIÓN DO CONSUMO E A CREATIVIDADE. DOMINO MEDIEVAL de Vanesa Carballo Leal |
POLO NADAL UN DOMINÓ MEDIEVAL |
DESPOIS DE FACER O BOOK DA SOCIEDADE MEDIEVAL COAS SÚAS PROPIAS FOTOS, DECIDIMOS CREAR COAS MESMAS UN DOMINÓ PARA CADA ALUMN@ PARA XOGAR COAS FAMILIAS NO NADAL. CREAMOS OS NOSOS PROPIOS AGASALLOS E CONCIENCIAMOS SOBRE O XÉNERO NOS XOGOS E XOGUETES PROMOVENDO A IGUALDADE, A REDUCCIÓN DO CONSUMO E A CREATIVIDADE. DOMINO MEDIEVAL de Vanesa Carballo Leal |
PRÉSTAMO LECTOR NAS BIBLIOTECAS DE AULA. MALETÍN QUE VAI E VEN. |
Comenzamos co préstamo de lecturas en tódalas bibliotecas das aulas das nosas escolas. Durante este curso a cativada realizará de maneira autónoma os préstamos de entre os fondos elexidos polo equipo de bib PRÉSTAMO LECTOR MALETIN QUE VAI E VEN de Vanesa Carballo Leallio e encherá de maneira creativa o seu caderno de lecturas. |
PLAN ANUAL DE LECTURA. |
Diseño de Vanesa Carballo Leal |
NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES |
Co gallo da ciencia en galego nas bibliotecas escolares, durante o mes de novembro levaremos propostas científicas nas aulas. Para comenzar deixamos un pequeno vídeo con algúns dos fondos que temos na nosa biblio e que nos poden axudar a programar ditas actividades. BIBLIO CRA XOANIÑA ROSALÍA de Vanesa Carballo Leal |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »