Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
VENDEDORA DE MISTOS |
Na semana do 11 ao 14 de decembro, a profe Raquel contoulles o conto da Vendedora de mistos.
|
11-15 MARZO: SEMANA DA PRENSA |
Durante esta semana fixemos diferentes actividades Como este ano estamos traballando nun proxecto sobre "Os montes", na escola de Francelos, o alumnado de infantil elixiu un animal do monte, neste caso o coello e representáronno empregando recortes do xornal.
E o alumnado de primaria aprendeu as distintas partes que ten unha noticia: titular, subtítulo, corpo da noticia, fotografía, pé de foto, etc. Buscaron noticias, recortaron, pegaron e escribiron cada parte. Na escola de San Cristovo fixeron as súas propias noticias Na escola de San Paio, durante esta semana leron o xornal, crearon un recuncho para o xornal e elaboraron a partir de material de refugallo uns micrófonos de xornalistas. |
CASA DAS ÁRBORES |
O martes 28 de maio fomos de excursión a CASA DAS ÁRBORES, na aldea de Garabelos, en Mariz (Chantada), onde nos esperaba ANXO MOURE. @s nen@s puideron escoitar contos dentro dunha casa enriba dun castiñeiro e un carballo e ollar niños de paxaros escoitando os seus cantos. Anxo Moure contounos que Contos na Casa das Árbores naceu do desexo de toda nena ou neno de ter unha casa nunha árbore. Construíu enriba dun vello castiñeiro e un carballo unha casiña de madeira, ademáis dunha biblioteca con libros e contos sobre as árbores, con incríbles personaxes que contan as súas historias vinculadas ao mundo da natureza. Tamén coñecemos 30 especies diferentes de árbores autóctonas plantadas ao carón da casa árbore, cada unha delas coa súa historia. Fixemos diferentes actividades: merendar no prado, teatro na mochila, cine palleiriso, o bosque das lobiñas, concerto, columpios, contos na árbore, poesía no hórreo,...
|
Contacontos setembro | |
“ O lápiz máxico de Malala” |
|
Contos de decembro |
|
Día de Rosalía |
|
Novos rincóns na Biblioteca |
|
LUDOCRA DA XOANIÑA ROSALÍA |
Este curso, dentro da biblioteca inclusiva, estreamos a LUDOCRA, unha ludoteca que a xoaniña mercou para nós. Está composta por unha selección de xogos para infantil, outros para primaria, que iremos rotando polas aulas das tres escolas e tamen por unha ludoteca familiar que quedará da biblioteca da Sede. A partir de agora, incluiremos como actividade unha mochila viaxeira de xogos, para que ademais de disfrutar na escola podamos levalos para á casa. Valoramos a importancia e os aprendizaxes educativos, cooperativos e en equipo que se aprenden a través do xogo. Deixamos un vídeo con algúns dos momentos vividos nas diferentes aulas este curso. ludocra da xoaniña rosalía de Vanesa Carballo Leal |
EXPERIENCIAS E XOGOS NA BIBLIOTECA CREATIVA DA XOANIÑA ROSALÍA |
Ao longo do curso realizamos actividades innovadoras e creativas con rescursos da biblioteca creativa que despertaron o interese, aprendizaxe e motivación do noso alumnado. Intentamos introducir pasiño a pasiño, metodoloxías activas e innovadoras que nos axuden a construir aprendizaxes significativos na cativada. Dentro do proxecto anual do cine, dende a biblioteca experimentamos a grabación de pequenos vídeos con chroma key ao mesmo tempo que traballamos os efectos especiais de Melies.
Creamos elementos do cine a partir de pezas do Sistema Lupo cedido por o CFR de Ourense que resultou ser unha actividade super divertida e que o alumnado disfrutou moito comprobando que son verdadeiros artístistas nas creacións. sistema lupo nas escolas do Cra de Vanesa Carballo Leal Introducimos actividades con luz negra que mantén a atención e curiosidade do noso alumnado máis cativo. Diseño de Vanesa Carballo Leal
Diseño de Vanesa Carballo Leal Xogamos e creamos coa plastilina conductora. Unha gran experiencia científica. plastilina conductora SAN PAIO de Vanesa Carballo Leal |
MOCHILAS VIAXEIRAS |
|
24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES |
|
UN SAMAÍN SOLIDARIO. |
|
Polo día da infancia decoramos antifaces solidarios. |
Blue Simple Minimalist Travelling Moment Photo Collage de Vanesa Carballo Leal |
A SOCIEDADE MEDIEVAL. |
Creamos un book coas súas propias fotos para traballar cómo eran as persoas que vivían na Idade Media. O libro empregámolo como fonte de información pero tamén para xogar e manipular e suscita gran interese nos nenos ao ver as súas fotos e as dos compañeiros. book sociedade na idade media de Vanesa Carballo Leal |
NOVOS FONDOS: POR UN ANO CHEO DE AVENTURAS, FANTASÍA E LECTURAS MÁXICAS |
Sin título (Post de Facebook (horizontal)) de Vanesa Carballo Leal |
SELECCIÓN DE FONDOS PARA TRABALLAR NAS AULAS O DÍA INTERNACIONAL POLA PAZ |
SELECCION POLA PAZ de Vanesa Carballo Leal |
SELECCIÓN DE FONDOS PARA TRABALLAR NAS AULAS O DÍA INTERNACIONAL POLA PAZ |
SELECCION POLA PAZ de Vanesa Carballo Leal |
SELECCIÓN DE FONDOS PARA TRABALLAR NAS AULAS O DÍA INTERNACIONAL POLA PAZ |
SELECCION POLA PAZ de Vanesa Carballo Leal |
AGRADECEMOS AS FAMILIAS DE FRANCELOS A SÚA IMPLICACIÓN COA MOCHILA VIAXEIRA DO CURSO ANTERIOR. |
AGRADECEMENTO FAMILIAS FRANCELOS de Vanesa Carballo Leal |
AGRADECEMOS AS FAMILIAS DE FRANCELOS A SÚA IMPLICACIÓN COA MOCHILA VIAXEIRA DO CURSO ANTERIOR. |
AGRADECEMENTO FAMILIAS FRANCELOS de Vanesa Carballo Leal |
DÍA DO AMOR E DA AMIZADE. |
DÍA DO AMOR E DA AMIZADE FIXEMOS ACTIVIDADES E PROPOSTAS ARREDOR DO CONTO " UN AMOR DE BOTÓN" QUE ENLAZABA PERFECTAMENTE CO NOSO PROXECTO DAS FIANDEIRAS. VIÑETAS POLO DÍA DO AMOR NA ESCOLA DE FRANCELOS. DÍA DO AMOR E DA AMIZADE ESCOLA DE FRANCELOS de Vanesa Carballo Leal |
BASTIDORES PARA AS NOSAS MULLERES IMPORTANTES |
ADEMAIS TÓDALAS ESCOLAS DECORAMOS ESTES BASTIDORES PARA AGASALLAR AS NOSAS MULLERES IMPORTANTES. MERCAMOS A TEA E DECORAMOS CON ROTUS PERMANENTES. QUEDÁRONNOS ASÍ DE BONITOS E ORIXINAIS! BASTIDORES POLO DÍA DA MULLER de Vanesa Carballo Leal |
NOVOS FONDOS PARA O TERCEIRO TRIMESTRE |
NOVOS FONDOS BIBLIO de Vanesa Carballo Leal |
ACTIVIDADES NA SEMANA QUE CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO |
Para conmemorar o 23 de abril Día do Libro dende a biblioteca propoñemos actividades coma o convite ás familias para que veñan contar contos polas escolas creando un diploma para cada unha delas, apadriñamento lector entre o alumnado da escola de San Cristovo e a escola de San Paio, levaremos a cabo un concurso de marcapáxinas con duas catergorías infantil e primaria, seleccionaremos os fonfos para traballar nas aulas con material axeitado para que o alumnado de primaria poida lerlle contos aos máis pequenos e agasallamos ás familias cun díptico onde intentamos recoller información sobre a importancia de lerlle contos aos cativos dende idades temperás. SELECCIÓN DÍA DO LIBRO APADRIÑAMENTO LECTOR de Vanesa Carballo Leal APADRIÑAMENTO LECTOR COS COMPAÑEIR@S DE SAN CRISTOVO de Vanesa Carballo Leal BOCATAS NA CARBALLEIRA de Vanesa Carballo Leal COMENZAN A CHEGAR OS MARCAPÁXINAS MEDIEVAIS ÁS ESCOLAS de Vanesa Carballo Leal GAÑADORES CONCURSO MARCAPÁXINAS de Vanesa Carballo Leal |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »