Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
O INVERNO LÉESE NA BIBLIO! |
SELECCIÓN FONDOS DE INVERNO de Vanesa Carballo Leal |
XOGAMOS CO KAPLA! |
Solicitamos este material de polos creativos ao cfr de Ourense coa intención de que pase polas tres escolas para que o alumnado poda xogar e crear libremente. |
SAÍDA Á BIBLIOTECA DE RIBADAVIA |
SAÍDA Á BIBLIOTECA DE RIBADAVIA de Vanesa Carballo Leal |
2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE AUTISMO |
Adicado a todas as familias que reciben un diagnóstico de Trastorno do espectro do autismo.
O oito Letra de Olga Lalín Música de Seso Durán Incluído no album de próxima aparición "Azul" Filmado no Lago de Castiñeiras (Marín, Pontevedra) |
DÍA DA PAZ 2015 |
Algunhas das actividades realizadas este ano no Día da PAZ. |
24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA |
Dende os equipos de Normalización Lingüística e Biblioteca, queremos recordar a figura de Rosalía. O martes 24 de febreiro celebraremos o Día de Rosalía. Este ano escollemos o poema Rosalía pequeniña, do libro-disco "Rosalía Pequeniña", na voz de Uxía e con ilustracións de Marina Seoane. Ademais dun recitado de poemas de Rosalía e un concurso: "Ilustra o pensamento de Rosalía". Elixirase unha frase significativa da autora para logo ilustrar polo alumnado do noso centro. Coa ilustración gañadora farase un cartel. O agasallo será o libro "Rosalía pequeniña" de Árbore-Galaxia.
LIM Xogando con Rosalía, da Biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda
|
24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA |
Dende os equipos de Normalización Lingüística e Biblioteca, queremos recordar a figura de Rosalía. O martes 24 de febreiro celebraremos o Día de Rosalía. Este ano escollemos o poema Rosalía pequeniña, do libro-disco "Rosalía Pequeniña", na voz de Uxía e con ilustracións de Marina Seoane. Ademais dun recitado de poemas de Rosalía e un concurso: "Ilustra o pensamento de Rosalía". Elixirase unha frase significativa da autora para logo ilustrar polo alumnado do noso centro. Coa ilustración gañadora farase un cartel. O agasallo será o libro "Rosalía pequeniña" de Árbore-Galaxia.
LIM Xogando con Rosalía, da Biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda
|
ENTROIDO 2015 |
Na seguinte presentación podedes ver algunhas das actividades que fixemos durante a semana de entroido no noso cole. Algunhas das fichas foron elaboradas polo CRA de BERGONDO. Moitas grazas por compartir o voso material. |
RESUMO ACTIVIDADES DÍA DE ROSALIA |
Nesta presentación podedes ver os debuxos do noso alumnado, debuxaron a Rosalia de meiga, de fada, de pirata, enriba das árbores,... Concurso "Ilustra o pensamento de Rosalía": estes son os debuxos que fixeron para o pensamento "Oh! Terra, antes e agora, sempre fecunda e fermosa". Co debuxo seleccionado fixemos un cartel para decorar as tres escolas.
|
8 MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA |
Para celebrar o 8 de marzo, DÍA DA MULLER TRABALLADORA, escollemos o conto de Parella guai, A NOSA TERRA. Algúns nenos fixeron un debuxo para agasallar a súa nai e tamén unha flor con xornais.
|
SEMANA DA PRENSA: DO 9 AO 13 DE MARZO |
Dende o 9 ao 13 de marzo, nas aulas traballamos cos xornais de diferentes modos.
|
21 de MARZO: DÍA DA POESÍA CON ROSALÍA |
Aproveitando os poemas que traballaramos de Rosalía de Castro, fixemos un recitado de poemas.
|
PROGRAMACIÓN ABRIL 2015: MES DOS LIBROS |
- 1 DE ABRIL: A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia organiza o Mércores, 1 de abril, as 17:00 h no Auditorio da Casa da Cultura, un espectáculo infantil titulado "Maxia Cómica" da man de Leo Leiño, para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (debido a que o día de celebración, o 2 de abril coincide co Xoves Santo de Semana Santa). Esta actividade está dentro do programa LER CONTA MOITO. Maxia Cómica é un espectáculo para nenos e adultos, coa participación dos asistentes. Divertida e sorprendente. Sempre con relación aos libros e contando unha historia que une os xogos. Espéranvos a todos, pais e nen@s.
- DO 20 AO 30 DE ABRIL: Exposición e intercambio dos libros preferidos dos nosos alumnos; cestas con libros no patio na hora do recreo; Padriños e Madriñas lectores (os nenos e nenas de 1º e 2º curso de primaria leranlle aos máis pequenos as súas lecturas favoritas). - 23 DE ABRIL: entrega de agasallos (axendas, marcapáxinas,...). - TALLER DE ROSALÍA: celebración do 4º Centenario da publicación da 2ª parte do QUIXOTE cunha unidade didáctica elaborada por Ana Martínez Rey e que nós traducimos ao galego. Recursos para traballar O QUIXOTE LIM VIDEOS:
|
2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL |
Neste ano 2015, o Día Internacional do Libro Infantil, que se celebra o 2 de abril, en memoria do nacemento de Hans Christian Andersen, lévanos aos países árabes e á palabra e á imaxe creada por dúas mulleres representantes da literatura infantil e xuvenil desa parte do mundo:
"Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, máis compartimos as mesmas historias"
|
PROXECTO "OS ASTRONAUTAS" | |
RESUMO ACTIVIDADES MES DE ABRIL |
O 23 de abril, Día Mundial do Libro, fixemos entrega dos agasallos que nos mandaron dende Bibliotecas Escolares de Galicia. Tamén tivemos un contacontos por videoconferencia, os alumnos de Primaria contáronlle aos máis pequenos do cole a historia de Don Quixote. No taller de Rosalía tamén celebramos o 4º Centenario da publicación da 2ª parte do Quixote.
|
CONTOS QUE DEIXAN PEGADA |
O 30 de abril ás 18:00 h no Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia haberá unha sesión de contos a cargo de PAVÍS PAVÓS, orientada a transmitir valores, que tratan das diferenzas na sociedade, a homofobia, o racismo, o machismo, as desigualdades,... Contos que, sen querelo, van deixar pegada en quen os escoite. Esta actividade está organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia, dentro do programa Ler conta moito. |
LETRAS GALEGAS 2015 |
Pincha na foto para ver as actividades realizadas durante a semana das Letras Galegas
Tamén fixemos a convivencia co CEIP de Castrelo de Miño para celebrar as Letras Galegas. Pincha na imaxe para ver o ben que o pasamos. A continuación podedes ver algúns videos das diferentes actividades realizadas: "Canción benvida"
"Cantares Gallegos"
|
A VENDIMA: O NOSO PROXECTO | |
OS BOLECHAS NA MÁQUINA DO TEMPO |
O sábado 10 de outubro ás 18:00 h, os Bolechas actuarán no Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia. Este fin de semana Os bolechas visitan Ribadavia da man do programa Falaredes. Trátase de "Os Bolechas na máquina do tempo" a cal todos os nenos estades invitados. Por suposto a entrada é de balde.
A actividade ten continuidade na aplicación web Os Bolechas na máquina do tempo, onde os cativos e cativas poden facer o seu propio diploma de viaxeiro no tempo e acceder a xogos e sorteos. Co aliciente de que os asistentes ao espectáculo coñecen en exclusiva unha palabra clave coa que poderán dobrar o premio do sorteo e acceder a dous lotes de libros dos Bolechas, no canto de un, en caso de resultaren premiados.
|
SAMAÍN 2015 |
Na seguinte presentación podedes ver algunhas das actividades que fixemos durante o SAMAÍN. |
DÍA DAS BIBLIOTECAS |
Para celebrar este ano o Día das Bibliotecas fixemos entrega das novas bolsas que nos mandaron dende a Asesoría de Bibliotecas. Moitas grazas. |
20 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO | |
25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO |
Este curso escolar escollemos estes dous libros para traballar nas aulas a problemática da violencia de xénero: Rosa Caramelo e Avós, ambos da editorial Kalandraka.
Estes son algúns dos traballos realizados nas escolas: |
XOSÉ NEIRA VILAS |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »