Skip to Content

Presentación III Carrera Popular "CONCELLO DE SAN SADURNIÑO"

Melina Alonso

CARREIRA ORGANIZADA POLO CPI SAN SADURNIÑO E O PROPIO CONCELLO DE SAN SADURNIÑO

A presentación será O Martes 24 de 13:10 a 14:05 NO CENTRO CULTURAL para os alumnos de Secundaria.

A carreira consta de distintas distancias desde os 70 m que corren os biberóns ata os 5 Km que corren atletas desde os de 12 anos ata moi veteranos.

Hai que destacar que na carreira absoluta (5 Km ) Participa o 89% do alumnado da ESO, sendo lixeiramente superior a participación feminina.

Este ano na presentación están convidados: a TRIATLETA INTERNACIONAL MELINA ALONSO, que estes días vén a Ferrol a recuperarse dunha lesión. Melina confírmanos que aínda que non está para competir, fará de globo tirando dun grupo de alumnos e alumnas que queiran baixar de 30 minutos nos 5km. TODO UN LUXO !!!. Tamén, por suposto, contamos cun fixo da carreira, o ATLETA VETERANO ANTONIO CABANA DE 76 ANOS, medallista europeo na súa categoría, que virá, como sempre, disposto a dalo todo coas zapatillas aínda quentes de competir o fin de semana anterior no Europeo que se celebra en Lisboa.

 

 



story | by Dr. Radut