OS MANDADOS DO MECO 2015

A vindeira semana recibiremos a visita do Meco Paquito, un personaxe entrañable do Entroido e do colexio, que é un pouco mandón e que nos irá mandando cada día traer unha cousa.

Nesta entrada iredes vendo o que tedes que traer o día seguinte.

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ

E OS MANDADOS DO MECO TÉS QUE SEGUIR:

O LUNS PAQUITO ESTÁ MIMOSO,

QUERE UN PELUCHE FERMOSO

OU UN COXÍN BEN CANTOSO.

 

O MARTES TOCA MADRUGAR,

RELOXO GRANDE TRAERÁS

DE CARTOLINA, CARTÓN OU PAPEL TI O DESEÑARÁS

E NA ESCOLA O TIC-TAC ESCOITARÁS.

 

O MÉRCORES MOITO FRÍO VIRÁ

E SE NON QUERES CONXELAR

UNHA BATA TRAERÁS.

 

O XOVES SOPRA O VENTO DO NORDÉS

ZAPATILLAS DE CASA DO DEREITO E DO REVÉS

PARA NON COLLER FRÍO POLOS PÉS.

 

O VENRES PARA REMATAR A SEMANA

TRAE TODO O ANTERIOR

E NOS ESQUEZAS CAMISÓN OU PIXAMA

E AS COUSAS PARA IR PARA A CAMA:

BEN DESPELUXADO OU CON RULOS NA CABEZA,

PODES TRAER UN GORRIÑO PARA DURMIR

BEN TAPADIÑO E BEN QUENTIÑO.

 

SE UN DURMIÑÓN QUERES SER

TODO ISTO TES QUE TRAER!!!!

 

E para que comprobedes que cumprimos cos mandados do Meco Paquito, podedes ver o desfile que fixemos os alumnos e alumnas de infantil e primaria.