Skip to Content

25 DE NOVEMBRO: UNHA XORNADA ESPECIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25 DE NOVEMBRO: UNHA XORNADA ESPECIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

San Sadurniño viviu unha xornada do 25 de novembro na que todo o protagonismo se lle deu á xente nova. O alumnado dos últimos cursos do CPI participou a primeira hora da mañá nun acto simbólico no que se plantaron (tal como podedes ver no documento que se xunta) medio cento de flores e plantas en lembranza de outras tantas mulleres que levan falecido este ano vítimas da violencia machista. Pola tarde a Casa da Cultura acolleu a entrega de premios do concurso de relatos convocado polo departamento de Igualdade en colaboración co EDLG do centro de ensino. Foi xusto despois da obra O Voitre e a Pomba, Verbas contra a violencia feminina, representada pola asociación Lisístrata. Unha peza dura que cumpriu co seu obxectivo: facer que a mocidade reflexionase mostrándolle con crueza o sufrimento de mulleres vítimas da brutalidade física nuns casos, psicolóxica noutros e, a maioría das veces, das dúas ao mesmo tempo.

Ademais da obra teatral -con apoio da Deputación da Coruña-, o Concello tamén convocou para este día un concurso literario ao que se presentaron 16 traballos. Os tres premios foron para Irene Beceiro, Eva Soto e Sara Bellón. A entrega de agasallos foi o punto e final a unha xornada moio emotiva, que invita a reflexionar sobre certas cousas...

AdxuntoTamaño
50 flores.jpg123.91 KB


image | by Dr. Radut