Skip to Content

PROGRAMACIÓN REDUCIDA 4º ESO

 

Materia

Música

Departamento

Música

Profesor/a

Daniel Diez Correa e Clara Goás Vargas

Curso

 

Contidos

 

1ª avaliación: A música rock. A música no cine. Proxecto Lóva: a ópera como vehiculo de aprendizaxe.

 

 

2ª avaliación: Proxecto Lóva: A ópera como vehículo de aprendizaxe.

 

 

 

3ª avaliación: Proxecto Lóva: A ópera como vehículo de aprendizaxe.

 

 

 

 

Criterios avaliación

 

 

- Explicar algunha das funcións que cumpre a música na vida das persoas e da sociedade.

- Analizar diferentes pezas musicais apoiándose na audición e no uso de documentos impresos como partituras, comentarios e musicogramas e describir as súas principais características.

- Expoñer de forma crítica a opinión persoal respecto a distintas músicas e eventos musicais, argumentándoa en relación a información obtida en distintas fontes: libros, publicidade, programas de concertos, crítica, etc.

- Ensaiar e interpretar en pequeno grupo, unha peza vocal ou instrumental ou unha coreografía aprendidas de memoria a través da audición ou observación de gravacións de audio e video ou mediante a lectura de partituras e outros recursos gráficos.

- Participar activamente nalgunhas das tarefas necesarias para a celebración de actividades musicais no centro: planificación, ensaios, interpretación, difusión, etc.

- Explicar os procesos básicos de creación, edición e difusión musical considerando a intervención de distintos profesionais.

- Elaborar un arranxo para unha peza musical a partir da transformación de distintos parámetros (timbre, número de voces, forma, etc.)nun ficheiro MIDI utilizando un secuenciador ou un editor de partituras.

- Sonorizar unha secuencia de imaxes fixas ou en movemento utilizando diferentes recursos informáticos

 

 

 

 

 

 

Metodoloxía e criterios de cualificación e xeito de recuperación

 

 

  Os métodos a empregar no desenvolvemento das actividades de ensino-aprendizaxe serán variados e flexibles.  A práctica  instrumental, vocal e de movemento será a base  para acceder ós contidos teóricos, de forma que a metodoloxía será activa en gran parte, tentando de este xeito conseguir unha aprendizaxe significativa e aumentar a motivación do alumnado.

A maior parte do curso a metodoloxía será por proxectos interdisciplinares fomentando a autonomía, creatividade, adquisición das competencias básicas e a cooperación.

 

   Os mínimos esixibles para a superación do curso estarán en estreita relación coa  adquisición dos obxectivos xerais da etapa e a consecución das competencias básicas.

    Nun plano máis concreto, cada alumno debe ter unha nota media maior ou igual a 5 entre todas as avaliacións sobre  conceptos, procedementos e actitudes que se realicen durante o curso. En cada unidade didáctica predominará un tipo de contidos, de xeito que a porcentaxe de contidos conceptuais, procedimentais e actitudinais de cada unidade didáctica variará. A avaliación será a media aritmética entre todas as notas de diferente tipo que estarán recollidas na ficha de cada alumno.

 

Para recuperar en xuño ou setembro terían que entregar as presentacións do cine, do rock, e outra sobre a ópera e expoñelas oralmente. Ademáis deberán interpretar unha das obras compostas polo grupo durante o curso.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



story | by Dr. Radut