Skip to Content

CIRCULAR Nº 3 Dereito á folga do alumnado do 2º ciclo de Secundaria

CIRCULAR Nº 3           Dereito á folga do alumnado do 2º ciclo de Secundaria

 

Estimadas familias:

Dirixímonos a vós para comunicarvos que os días martes 16, mércores 17 e o xoves 18 de outubro está convocada polo sindicato de estudiantes unha folga que afecta ao alumnado.

Segundo se desprende do artigo 8 da Lei 8/1985, reguladora do Dereito á Educación os alumnos/as de 3º e 4º da ESO, modificado pola Lei 2/2006:

Co fin de estimular o exercicio efectivo da participación dos alumnos nos centros educativos e facilitar o seu dereito de reunión, os centros educativos establecerán, ao elaborar as súas normas de organización e funcionamento, as condicións en que os seus alumnos poden exercer este dereito. Nos termos que establezan as administracións educativas, as decisións colectivas que adopten os alumnos, a partir do terceiro curso da educación secundaria obrigatoria, con respecto á asistencia á clase non terá a consideración de faltas de conduta nin será obxecto de sanción, cando estas fosen resultado do exercicio do dereito de reunión e sexan comunicadas previamente á dirección do centro.”

os alumnos terán dereito a exercitar o seu dereito de reunión se o comunican previamente como así o fixeron ante esta dirección. As faltas de asistencia por folga terán a consideración de non xustificadas.

Os alumnos que non realicen a xornada de folga teñen a obriga de asistir ao Centro. O alumnado que asista ao centro será atendido polo profesorado e podemos garantir que todas as clases se impartirán con normalidade.

San Sadurniño, 17 de outubro 2012

A dirección

 

 D. / Dª. ............................................................................................ , como pai/ nai /titor legal

 

do alumno/a. ............................................................................ , do curso ................... grupo ...... ,

AUTORIZO ao meu fillo/a a exercer o seu dereito o xoves 18 de octubre e non acudir ao centro escolar

San Sadurniño, a ....... de outubro de 2012

O Pai, Nai, Titor legal do/a alumno/a,

 

 

 

D.N.I. ......................................



book | by Dr. Radut