Skip to Content

Actividade de promoción do voleibol en Primaria

Os pasados martes 9 e venres 19 contamos, durante as clases de Educación Física de Primaria, coa visita de David, o profesor da escola do Club Voleibol Aldebarán.


No marco dunha actividade de colaboración entre dito clube e o noso centro, o alumnado que nunca practicou ou descoñecía este deporte (tan representativo neste concello) realizou unha actividade de achegamento ó mesmo.

Agardamos que servira de estímulo para incrementar o tempo de actividade física do noso alumnado, así coma que con esta acción se incremente a canteira local de xogadoras e xogadores de voleibol.



story | by Dr. Radut