Skip to Content

Visita de profesorado do programa europeo "Robotdance".

Recentemente recibimos unha visita pouco habitual. Profesorado que está a participar no programa europeo "Robotdance", procedente de Finlandia e Gales, visitounos para coñecer de primeira man o traballo que está a desenvolver o noso centro no campo da robótica educativa.

O profesorado visitante foi dividido en función das idades do seu alumnado e realizou visitas diferenciadas.

En Secundaria realizaron as seguintes actividades:

  • Explicación en inglés, por parte de alumnado de 4º da ESO, de diferentes retos que traballaron na materia de Tecnoloxía, e que foi tal éxito que ó remate da mesma foi aplaudida polo profesorado visitante.
  • Obradoiro de programación para atopar a solución a algún dos retos explicados previamente.
  • Mostra de como se realiza a introdución da robótica na ESO.

En Educación Infantil e Educación Primaria experimentaron:

  • Cos diferentes robots cos que se está a traballar nestas etapas.
  • Como é unha clase de robótica coma área de libre configuración en 4º de Educación Primaria.
  • Como traballamos cos Lego WeDo para traballar contidos da área de Ciencias da Natureza en 3º e 4º de Educación Primaria.

Finalizadas as actividades, recibimos os parabéns e varias mostras de satisfacción polos contidos que se desenvolveron durante a visita.

Facendo clic na seguinte imaxe pódese acceder a unha galería de imaxes da actividade:



story | by Dr. Radut