Skip to Content

Resultados da visita a Cardiff co gallo do Robotdance.

Tal e como adiantabamos hai pouco, a semana pasada participamos nun novo encontro do programa europeo Erasmus+ "Robotdance".

Ao longo de varios días participouse en reunións transnacionais e no congreso "Internationalising Education", onde se expuño o grao de desenvolvemento do proxecto. A continuación, unha pequena escolma de imaxes:

E, coma anécdota a destacar, resulta que na viaxe de volta coincidimos co prestixioso gaiteiro Carlos Núñez quen, ao saber que levabamos nunha maleta un robot que baila a muiñeira, ofreceuse a gravar un vídeo que podedes ver na súa conta de Instagram facendo clic na seguinte imaxe:

E, para quen non dispoña dunha conta de Instagram, o vídeo pódese visualizar facendo clic aquí.



story | by Dr. Radut