Skip to Content

Participación do noso centro na xornada "Comunicación e cidadanía" organizada pola Asesoría de Bibliotecas Escolares.

Onte desprazouse a Santiago un mestre do centro para participar nesta xornada, xa que o curso pasado o noso centro foi seleccionado para participar no programa "Bilbioteca Creativa".

Se o curso pasado a participación neste programa supuxo a dotación de catro robots modelo "Escornabot" e formación para a súa montaxe e emprego en actividades educativas, para o presente o tema a tratar será a impresión 3D.

Agardamos ter en breve o material preciso e comezar a dar os primeiros pasos cun recurso que de seguro vai dar moito de si.



story | by Dr. Radut