Skip to Content

Unha horta que xermola

Onte parte do alumnado de 4° da Eso que participou o curso pasado na pequena experiencia de iniciar unha horta na escola explicou ao alumnado de Educación Infantil de 5 anos o resultado do seu traballo.

Despois dunha breve explicación da preparación do terreo (usando compost e seguindo ideas da permacultura e agricultura ecolóxica) mostraron as plantas, flores e froitos en distintos niveis de crecemento, así como as sementes.
 
 
 
Logo recolleron algunha das cabazas que usaremos no Samaín.
 
A experiencia da horta comezou ao traballar os contidos da materia de promoción de estilos de vida saudables (PEVS) e buscará ampliarse neste curso escolar.


story | by Dr. Radut