CERIMONIA DE GRADUACIÓN NA ESO

Hoxe, toda a comunidade educativa do colexio tivemos a oportunidade de despedir como se merecen ao noso alumnado de 4ºESO do curso 2018-19. Foi unha cerimonia moi emotiva, con música, palabras, bágoas e unha mestura de sentimentos contraditorios.

Para todos eles os nosos parabéns e o desexo da mellor das sortes.