Skip to Content

VISITA DE 3ºESO AOS LABORATORIOS DA FACULTADE DE QUÍMICA DA UDC

Este luns 3 de xuño tivemos a oportunidade de novo de desfrutar coa clase maxistral impartida pola catedrática de química Maria Teresa Rodríguez Blas. Como ven sendo habitual nos últimos cursos, o alumnado de 3ºESO puido ver, facer, tocar, experimentar, sorprenderse, preguntar, reflexionar...en definitiva, facer e vivir ciencia, en 3horas que pasaron coma nun suspiro.

Grazas unha vez máis a Mayte pola súa paciencia e a súa forma entusiasta de comunicar todo o que sabe. 

Aquí vos deixo unha escolma de fotos que dan fe do ben que o pasaron os rapaces e rapazas. Grazas a todos polo voso comportamento exemplar e as preguntas e dúbidas que fixestes, facendo máis dinámica a sesión.

 



page | by Dr. Radut