Skip to Content

VISITA A CORUÑA DO ALUMNADO DE 2ºESO

Onte martes 26 de marzo o alumnado de 2ºESO tivo a oportunidade de visitar a cidade da Coruña xunto ás profesoras Teresa Vispalia e Mar Gutiérrez. Foi unha xornada estupenda onde coñeceron as peculiaridades do Castillo de San Antón e pasaron despois unha bonita xornada científica na Fundación Barrié de la Maza. A televisión de Galicia conectou en directo coa Fundación e o noso alumnado apareceu algúns momentos en pantalla, tal como se pode comprobar nos seguintes enlaces:

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-4070877?t=2984

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-4070877?t=2984

e nestoutro a partir do minuto 8

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-4070877?t=515

Aquí tedes tamén algunhas fotos da xornada

 

 

 

 

Por outra banda hai que salientar que o comportamento foi excelente. Parabéns a todos eles.



page | by Dr. Radut