Skip to Content

VISITA DO ALUMNADO DE 4ºESO AOS INSTITUTOS DE FERROL

Afrontamos a parte final do curso e o alumnado de 4ºESO xa ten que ir pensando no seu futuro profesional e académico lonxe deste colexio. Por iso nada mellor que unha xornada como a de hoxe na que visitaron varios centros de Ferrol nos que poderían seguir cursando estudios, entre eles o CIF Ferrolterra. Aí os temos na foto, acompañados pola súa titora e a orientadora do colexio. Esperamos que a xornada fora de proveito e tomaran boa nota para facer a elección máis axeitada para o ano que vén.

 



page | by Dr. Radut