Skip to Content

VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA

Hoxe xoves 24 de xaneiro o alumnado de 3º e 4º ESO tivo a oportunidade que visitar o Parlamento de Galicia pola mañá e o Museo do Pobo Galego pola tarde. Por uns intres sentíronse representantes do pobo e no Museo tiveron a oportunidade de deixar a súa pegada lendo uns poemas. Nunca está de mais recalcar a importancia que ten para o desenvolvemento en harmonía dos pobos a práctica do diálogo, do debate, do intercambio de opinións sempre enmarcadas no respecto e no espírito democrático, e que mellor sitio para recalacalo que no Parlamento de Galicia. Que sirvan tamén os museos como o do Pobo Galego non para separar senón para xuntar culturas.

Unha xornada moi bonita na que aprenderon un par de cousas importantes e, de paso, desfrutaron dun Santiago de Compostela, como non, pasado por auga.

 

 

Nos arquivos que se xuntan podedes ver máis momentos da xornada.

Parabéns ao profesorado responsable da acertada actividade e a todo o alumnado polo bó comportamento.

AdxuntoTamaño
IMG-20190124-WA0004.jpg80.15 KB
IMG-20190124-WA0005.jpg215.19 KB
IMG-20190124-WA0006.jpg186 KB
IMG-20190124-WA0008.jpg148.2 KB
IMG-20190124-WA0009.jpg189.34 KB
IMG-20190124-WA0010.jpg103.26 KB
IMG-20190124-WA0011.jpg104.01 KB
IMG-20190124-WA0012.jpg74.42 KB
IMG-20190124-WA0016.jpg78.34 KB
IMG-20190124-WA0014.jpg126.67 KB


page | by Dr. Radut