Skip to Content

Visita ao noso centro dos participantes no programa europeo "Robotdance".

Este mércores recibimos a visita dentro dun programa Erasmus K2 que leva por título "Robotdance", programa no que o noso centro está a participar.

Así, profesorado e alumnado de centros educativos próximos a Cardiff (Gales) e Kuopio (Finlandia), do CPI A Xunqueira (Fene), do IES Sofía Casanova (Ferrol) e do Centro de Formación e Recursos de Ferrol compartiron con nós gran parte da xornada a cal, como non, xirou en aspectos relacionados coa Robótica.

Alumnado de Educación Primaria mostrou como é unha clase da área de libre configuración "Robótica" (que é impartida en 4º de curso) e como se está a empregar o programa Scratch para o desenvolvemento de contidos de Matemáticas.

Por outra banda, alumnado da ESO compartiu os seus coñecementos derivados da súa participación na First Lego League e, así mesmo, fixo unha demostración de montaxe e soldadura de compoñentes electrónicos.



story | by Dr. Radut