Skip to Content

CERIMONIA DE DESPEDIDA DOS DE CUARTO DE ESO

hoxe a mediodía, como vén sendo habitual nos últimos anos, despedimos ao alumnado de 4ºESO cunha emotiva cerimonia na Casa da Cultura do Concello, onde se mesturaron palabras, música, emocións, xestos...que xuntos deron forma a unha realidade que hai pouco parecía tan lonxana, e agora constitúe o punto de partida de novos proxectos.

É a típica sensación agridoce de ver que conseguiron o obxectivo, pero que iso implica irremediablemente que abandonan o centro onde pasaron toda a súa vida. Esperamos que nos lembren con cariño..¡SORTE!



page | by Dr. Radut