Skip to Content

DESPEDIDA DE CURSO

Onte, 21 de xuño, demos por finalizado o curso escolar e para celebralo fixemos unha xuntanza nos campos da "Granxa" preto do río. Alí todos os nenos de infantil, primaria e secundaria puideron participar en diferentes xogos tradicionais montados polos departamentos de educación física do colexio. Foi unha mañá soleada e alegre que pon o punto e final a curso 2017-18. ¡Grazas a todos e feliz verán!

 



page | by Dr. Radut