12 de maio: Encontro Escolar de Xogos Tradicionais en San Sadurniño

Organizado por Brinquedia Rede Galega do Xogo Tradicional e o Concello de San Sadurniño, o sábado 12 de maio celebrarase na Finca de A Cortiña o XII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais.

A información de en que consiste a actividade pode atoparse na web de Brinquedia, concretamente no apartado "Encontro Escolar".

Se unha imaxe vale máis ca mil palabras, que dicir logo dun vídeo! Facendo clic na seguinte imaxe podedes acceder ao video resumo dun destes Encontros:

Quen teña asistido algunha vez á Parada Familiar de Xogos Tradicionais, atopará certas semellanzas. Pero o Encontro, por número e duración das actividades, é un evento de moita máis envergadura. Así mesmo, o Encontro considérase unha das mellores iniciativas relacionadas co xogo tradicional en Galicia.

Dado que o alumnado participante recibirá un agasallo pola súa participación, resulta preciso realizar unha inscrición, sendo o prazo límite o día 25 de abril.

Para elo, facendo clic na seguinte imaxe accederedes a un sinxelo formulario en liña que resulta preciso cubrir. O alumnado asistente ten que ir acompañado por unha persoa adulta responsable (non é preciso unha persoa por neno, é dicir, unha mesma persoa pode responsabilizarse de varios).

Animámosvos logo a tomar parte nunha actividade na que non só o alumnado pode participar, senón que tamén se fomenta a participación das familias nas diferentes actividades previstas.