ENTREGA DE VALES DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

O venres 14 de xullo a partir das 11 da mañá estarán a vosa disposición os vales para adquisición de libros de texto e material escolar. Lembrade que poderán recollelos todos aqueles que así o solicitaron e teñan aprobado todo na convocatoria de xuño.  O último día para recollelo no centro en xullo será o martes 18. De non facelo teredes que esperar a setembro xunto cos que teñen materias pendentes para a convocatoria extraordinaria.

Para saber se tes dereito a vale para libros e material hai que estar atento á lista provisional de admitidos e exluídos que se publicará o entre o martes 11 e o mércores 12. Despois de 2 días para posibles reclamacións publicarase a lista definitiva e xa poderás pasar polo centro para recoller o vale.