Skip to Content

ÉXITO NA REPRESENTACIÓN DA OBRA "DE CAMIÑO Á REALIDADE"

Un ano máis o proxecto LOVA en primaria séguenos a traer múltiples satisfaccións. Sobre todo a de ver como, partindo da nada, acaban construíndo unha obra musical elaborando guión, construíndo decorados, creando pezas musicais, establecendo relacións públicas...como un taller de aprendizaxe rápido para saber o que costan as cousas. E se o final é tan bo como esta obra "De camiño á realidade" mellor que mellor. 40 minutos nos que nos rimos un rato con eles e reflexionamos un anaco sobre o importante que é saber onde se esconde o verdadeiro valor das cousas. Hoxe martes 20 de xuño, o teatro Jofre de Ferrol foi, de novo, o marco incomparable no que se levou a cabo a representación.

Parabéns a todos aqueles que fan posible que cada ano teña lugar un pequeno milagre no colexio ;-)

 

ÉXITO NA REPRESENTACIÓN DA OBRA "DE CAMIÑO Á REALIDADE"


image | by Dr. Radut