O venres 7 todo o alumnado de ESO do colexio tivo a oportunidade de asistir, na casa da cultura do Concello, á proxección do documental "Contra os elementos" coa presenza dunha das súas protagonista, a atleta Paula Mayobre. Foi interesante comprobar o papel actual da muller en Galicia en diferentes deportes. Uns exemplos máis mediáticos que outros pero en todos os casos sempre admirables. Tal como reza o título...sempre loitando contra os elementos.
Grazas de xeito moi especial a Paula polas súas intervencións. Foi un honor contar coa súa presenza, que dun xeito simbólico podemos considerar o pistoletazo de saída para a carreira popular que como cada ano organizaremos o último domingo de maio en San Sadurniño.
![CHARLA CON PAULA MAYOBRE CHARLA CON PAULA MAYOBRE](https://www.edu.xunta.gal/centros/cpisansadurnino/system/files/images/20170407_132523.preview.jpg)