Skip to Content

Circular nº 5

CIRCULAR  Nº 5

  • Invitación ao festival de Nadal

 O mércores 21 de decembro ás 9:45 dará comezo o festival de Nadal ao que estades todos os pais invitados. O festival celebrarase no ximnasio de secundaria.

A ANPA colabora na organización do festival cunha obra de teatro do grupo GHAZAFELHOS, compañía de teatro de Narón con obras dirixidas ao público familiar.

A continuación os alumnos de infantil e primaria interpretarán unhas panxoliñas e se repartirán os premios aos gañadores dos concursos organizados durante o trimestre.

Ao final do festival os alumnos de 2º ciclo da ESO sortearán unha cesta co fin de recadar fondos para a súa excursión de fin de curso.

A continuación e no mesmo ximnasio o comedor de centro ofrecerá aos pais un chocolate con biscoito que será servido polos alumnos de 2º ciclo da ESO. Agradecerán os vosos donativos para a súa excursión.

As actividades rematarán ás 12:45 despois de que os alumnos degusten un chocolate con biscoito ofrecido polo comedor.

 

Lembrámosvos que a zona de aparcamento dos buses debe estar libre ás 12:00.

 

  • Concurso de postres

 

Como xa vai sendo tradición o comedor do centro organiza un concurso de postres para os alumnos de secundaria. Os rapaces que queiran participar deberán apuntarse en secretaría e teñen que traer un postre navideño o día 21.

 

  • Radio Voz emitirase dende o centro

O martes 20 RadioVoz ( 105,4FM) emitirá o seu programa Voces de Ferrol, con María Meizoso dende o noso centro de 9:30 a 12:00.

 

  • Vacacións de Nadal

Voltamos de vacacións o luns 9 de xaneiro, felices festas e próspero ano novo.

 

San Sadurniño, 16 de decembro de 2011

 A Dirección



book | by Dr. Radut