Skip to Content

Circular nº 7

CIRCULAR  Nº 7

  • Entroido

 Durante esta semana os alumnos do centro cumpriron os mandados do Meco, anticipando a festa do Entroido que celebraremos este venres.

Como xa é tradición, todos os cursos dende infantil a secundaria disfrazaranse e desfilarán para que todos os pais e nais disfrutedes desta celebración. O desfile comezará ás 12:15, sairemos do colexio cara ó concello.

Cómpre agradecer a colaboración da ANPA cunha comparsa que amenizará o desfile e entregará premios aos mellores disfraces para os alumnos de secundaria.

Os alumnos de 4º de ESO venderán doces de Entroido para sufragar á súa viaxe de estudos a Cataluña.

 

  • Colaboradores do comedor

 Como xa saberedes polas noticias que apareceron na prensa nas últimas semanas os colaboradores do comedor levamos sen cobrar dende o mes de setembro. Os pagos son trimestrais e adoitaban facerse durante o mes de xaneiro. A Consellería comprometeuse agora a pagar estas gratificacións na primeira semana de marzo.

Dende a dirección gustaríanos agradecer a labor dos colaboradores sen os que non sería posible ofrecer este servicio.

 

·      Saídas do centro escolar

Segundo recolle o noso Regulamento de Réxime Interno se un alumno usuario do transporte escolar non vai facer uso deste servizo os seus pais deben avisar ao centro e facerse responsables deles.

Detectáronse casos no 2º ciclo de secundaria de alumnos que estaban a incumprir esta norma. Para evitar posibles sancións recordade que precisan dunha autorización por escrito dos seus pais.

 

  • Recollida de roupa usada

A ONG Fundación Santa Lola vai realizar unha campaña de recollida de roupa e zapatos usados. A Fundación Santa Lola leva a cabo accións de cooperación en República Dominicana, Guatemala, Cuba e Haití, para máis información http://centrodeinformacionsantalola.blogspot.com.

Hai bolsas na secretaría do centro a disposición dos pais e nais que queiran colaborar. As bolsas coa roupa e zapatos deberán depositarse tamén na secretaría do centro. O dia límite de recollida é o 27 de febreiro.

 

·      Vacacións de Entroido

Por último recordar que o próximo luns 20, martes 21 e mércores 22 non haberá clase.

San Sadurniño, 16 de febreiro de 2012

A Dirección



book | by Dr. Radut