Bioloxía e Xeoloxía

Cova Terreña conmemora o Día Mundial da Loita contra a SIDA

No día de hoxe sumámonos á conmemoración do Día Mundial pola Loita contra a SIDA lucindo os nosos lazos vermellos.

Nas seguintes ligazóns, atopamos información sobre o que son o VIH e a SIDA, así como a información que sobre esta temática nos aporta a Organización Mundial da Saúde

https://www.infosida.es/que-es-el-vih 

https://www.who.int/es/news-room/fact-sheets/detail/hiv-aids 

Plan de continxencia do Departamento de Ciencias

A continuación amósase o plan de contixencia do Departamento de Ciencias. Especifícanse para cada materia os horarios, plataformas virtuais empregadas, titorías co profesorado e correo electrónico de contacto cos mesmos.

SAÍDA DIDÁCTICA. COÑECENDO A CONTORNA.

Bos días:

Os departamentos de bioloxía e educación física organizamos unha visita ao esteiro da Foz con 1º da ESO os días 4 e 5 de novembro.

Desprazámonos camiñando desde o centro ata a ponte de Ramallosa e unha vez ali recibíronnos Manolo e Bush.  Explicáronnos a importancia das marismas; a diferenciar as especies de aves migratorias e as súas características; fixemos experimentos con plantas que conteñen saponinas (xabón); usamos telescopios terrestres; entendimos e puxemos en valor a importancia dunha marisma como filtradora; e por riba traballamos a resistencia aeróbica camiñando máis de 8 quilómetros.

Moitas grazas a todos os participantes e ao profesorado acompañante.

5 DE XUÑO. DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de xuño é o Día Internacional do Medio Ambiente. Dende o Departamento de Ciencias da Natureza e o Departamento de Física e Química non queremos perder a oportunidade de por en valor a nosa contorna traballando un dos nosos sentidos, o oído. Esta semana o alumnado escoitou a natureza gravando eses sons que xa non percibimos pola contaminación acústica ou que si percibimos pero dos que non somos conscientes perdendo así a oportunidade de desfrutalos.

Os seguintes audios e vídeos deixan constancia do traballo reflexivo do noso alumnado así como dos sons máis simples e naturais que nos rodean.

Lara Taboada Álvarez. Reflexión, a contaminación acústica

Vídeo_1

Cloe Vizoso Rocha. Reflexión, que queremos escoitar?

Vídeo 2

Carla Carneiro.

Vídeo 3

  1. Auga no río no Pozo do Arco
  2. Son do Mar na virxe da Rocha
  3. Regato en Belesar

Cristina Corbacho Flores. Tormenta do domingo 31 de maio.

Vídeo 4

Cristina Corbacho Flores. Abellas

Son 5

Cristina Corbacho Flores. Grilos

Son 6

Sergio Arjones: Paxaros

Son 7

  1. Mirlo
  2. Gorrión
  3. Verderón
  4. Abubilla
  5. Escribano
  6. Carruca cabecinegra
  7. Jilguero
  8. Tórtola europea

Celia Durán Muro. Vento na praia de Santa Marta

 Son_8

Manuel Pena Moreira. Sons dende unha urbanización en Baiona

Vídeo 9

Alvaro Fernández Goce. Son e vídeo de Baiona e da auga do mar.

Vídeo 10

Traballo a realizar desde o luns 25 de maio ao venres 5 de xuño de 2020

No documento adxunto atópase o traballo a realizar desde o luns 25 de maio ao venres 5 de xuño de 2020

 

Traballo a realizar desde o luns 11 ao venres 22 de maio de 2020

No ficheiro adxunto atópase o traballo a realizar desde o luns 11 ao venres 22 de maio de 2020.

Traballo a realizar desde o martes 14 ao venres 24 de abril de 2020.

Traballo a realizar desde o martes 14 ao venres 24 de abril de 2020.

Ciencias da Natureza. Tarefas 16 a 27 de marzo de 2020

No documento adxunto atópase a planificación das tarefas do 16 ao 27 de marzo 2020

COMO INFLÚE A METEOROLOXÍA NOS ECOSISTEMAS

O alumnado de 1º, 3º e 4º ESO participou nun traballo cooperativo no que poideron investigar sobre como o tempo inflúe na formación de diferentes ecosistemas. Os ecosistemas estudiados foron Illas Svalbard (Noruega), Illas Cíes e A Gran Barreira de Coral. Elaboraron uns paneis informativos sobre cada ecosistema e colocáronos nunhas estructuras de arame para representar nunha exposición no edificio da capitania de Baiona tendo así acceso a dita información toda a comunidade educativa.

Chuvia de animais

O alumnado de 1º ESO realizou un traballo de investigación acerca de chuvias curiosas. Cada alumno seleccionou sobre qué chuvia curiosa quería facer o traballo previa búsqueda en internet sobre os diferentes tipos. Investigaron sobre chuvias de peixes,  que son as máis frecuentes, chuvia de rás, chuvia de morcegos polo elevado calor e incluso choiva de sangue. Fixemos fincapé na búsqueda do fenómeno meteorolóxico que leva a este curioso evento e na maioría dos casos coincide que se produce por a creación dun tornado que eleva os animais e os deixa caer nas proximidades.

Toda a información recollida das numerosas fontes plasmárona nunha cartulina ilustrada por eles mesmos quedando traballos ben orixinais que despertan o interese do resto de alumnado do centro por dito fenómeno.

SIMULAMOS UN TORNADO NO LABORATORIO

Para comprender como se forma un tornado realizamos un experimento moi sinxelo. Colocamos auga en varias botellas mixturadas con cinco ou seis gotas de deterxente, colocamos a tapa e cerramos ben para evitar fugas. Axitamos o frasco con moita forza e facémolo xirar para formar un remuiño no interior.  Este fórmase debido á corrente descendente que se crea na agua, ese fluxo ao descender comeza a xirar e á súa vez mentras está baixando, acelera a súa rotación formando un vórtice.

Nun tornado ocurre exactamente o mesmo pero con aire en lugar de agua.

OS MAIORES ENSINAN AOS MÁIS PEQUENOS A MEDIR

O alumnado de 1º ESO acompañou ao de 2º de primaria á caseta de medicións. Alí ensináronlle como diariamente anotan no caderno de anotacións as medidas de temperatura e a cantidade de chuvia caida. Tanto os alumnos de primaria como de secundaria se mostraron motivados ante esta actividade e fixaron mellor os contidos. 

Historia da Terra: Liña do tempo

Neste último trimestre o alumnado de 4º ESO (A) levou a cabo a realización dunha  liña de tempo onde representaron a Historia da Terra dende o seu inicio, fai aproximadamente 4500 m.a., ata a actualidade. Nesta liña de tempo representáronse aqueles acontecementos máis destacados da HISTORIA DO NOSO PLANETA tanto biolóxicos como xeolóxicos: aparición de distintas especies, desaparición doutras,  cambio na disposición dos continentes ao longo do tempo, principais fósiles guía, e tamén a aparición dos humanos. Que chegamos fai dous días e a que temos montada, non sí!!!

ELABORAMOS INSTRUMENTOS METEOROLÓXICOS. 3º PMAR

Os alumnos e alumnas de 3º PMAR aprenderon moitas cousas sobre os instrumentos meteorolóxicos e crearon os seus propios intrumentos a partires de material de refugallo (cataventos, anemómetro, higrómetro e termómetro). Asemade realizaron unha serie de fichas técnicas sobre a súa utilidade e funcionamento.

SOMOS UNHA METEOESCOLA: MeteoBaiona. 1º ESO

Durante o curso 2017-18, os alumnos e alumnas de 1º de ESO foron seleccionados para recoller diariamente os datos de temperatura e precipitación rexistrados no termómetro dixital de temperaturas máximas e mínimas e no pluviómetro proporcionado por MeteoGalicia e tamén de dar visibilidade aos datos.

As medicións diarias realizáronse de luns a venres as 8:20 (temperaturas) e 11:00 (precipitación) e quedaron rexistradas no caderno de campo dos observadores meteorolóxicos, publicadas na cortiza do primeiro andar “Somos unha MeteoEscola” e volcadas na páxina web de MeteoGalicia, etc

Na cortiza  do primeiro andar “Somos unha MeteoEscola” podedes observar os datos de temperatura e precipitación diarios e semanais.

Dita actividade enmárcase dentro do Plan Proxecta, no programa MeteoEscolas.

 

Concurso METEOPASAPALABRA. Día Meteorolóxico Mundial 23 de marzo de 2018

 

Durante o segundo trimestre os alumnos e as alumnas de 1º de ESO deseñaron e elaboraron os distintos elementos que compoñen o concurso MeteoPasaPalabra (elección dos conceptos clave relacionadas coa meteoroloxía, definición dos mesmos, deseño do logo, elaboración do rosco, deseño e elaboración das cartelas, etc.)

Esta iniciativa estivo coordinada e supervisada pola profesora de Bioloxía e Xeoloxía, Dna. Inés Pereiro Rodríguez. A finalidade da mesma foi a de incorporar mecánicas e técnicas do xogo, para seducir e motivar ao alumnado na consecucións dos estándares de aprendizaxe.

O concurso iniciouse o día 23 de marzo de 2019, con motivo do Día Mundial da Meteoroloxía, e estivo á disposición do alumnado no seu tempo de lecer (recreos) e durante as sesión lectivas da materia de Bioloxía e Xeoloxía.

 

 

PARABÉNS POLO VOSO TRABALLO COLABORATIVO !!!

 

Escola Galega de Consumo (IGCC). Día Mundial das persoas consumidoras e usuarias. 15 marzo de 2018

Con motivo do Día Mundial das persoas consumidoras e usuarias, que se celebra o 15 de marzo, o alumnado de 3º de ESO participou en dous obradoiros organizados pola Escola Galega do Consumo, emprazada en Santiago de Compostela, coa finalidade de fomentar hábitos de consumo responsable e de coñecer os dereitos básicos das persoas consumidoras, que nos protexen ante situación que se poden xerar ao mercar un produto ou o facer uso dun servizo, así como as distintas vías para facelos valer.

  • Un primeiro grupo asistiu na aula de publicidade a un taller sobre resolución de conflitos de consumo, onde se expuxeron os dereitos dos consumidores e as claves dos procedementos de mediación e arbitraxe, ao tempo que simularon a presentación e resolución dunha reclamación.

  • Un segundo grupo levou a cabo un obradoiro sobre a compra responsable no supermercado, onde se lles explicou aos alumnos os pasos a seguir antes, durante e despois de mercar.

No desenvolvemento dos obradoiros contamos coa presenza da directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, que resaltou a importancia de formar desde idades temperás sobre dereitos e responsabilidades para exercer un consumo responsable e tamén indicou que a divulgación e a información son clave para a protección efectiva das persoas consumidoras e usuarias dos servizos.

Maquetas da Molécula de ADN

O Alumnado de 4ºESO (A), este primer trimestre estiveron coñecendo con algo máis de profundidade a molécula de ADN. E como remate deste estudo realizaron maquetas  do ADN, con distinto tipo de materias. Este foi o resultado. NORABOA A TODOS/AS!!!

Sendeirismo 3ºESO

O pasado Luns 27 de Maio os alumnos de 3º da ESO fixemos unha saída de sendeirismo.  Esta comezou subindo dende Cova Terreña ata Baíña e baixando polo río, onde nos atopamos varios tipos de árbores autóctonas e unha vexetación exuberante para a zona na que nos atopabamos. Continuamos polo paseo de madeira que bordea o río e chegamos  á  praia de Santa Marta e dende alí fomos ata a Foz do Miñor, onde puidemos observar a marisma coas diferentes especies vexetais e animais, e ver os belísimos paxaros que alí se atopaban.  Seguimos cun rodeo completo ao Cámping de Baiona e aprendemos un pouco sobre as diferentes especies de algas, que grazas as explicacións do profesorado puidemos diferenciar mellor. Tamén vimos cunchas e algún que outro cangrexo. Unha vez acabado o rodeo ao Cámping, dirixímonos ata o Castelo de Baiona disfrutando do paseo marítimo, onde tamén observamos algas. Cando chegamos ao Castelo fixemos unha visita interior e puidemos disfrutar dunhas vistas preciosas de toda Praia América, Panxón e ata Sabarís. A nosa excursión concluíu ao deixar atrás o Castelo e voltar ás clases, deixándonos unha experiencia moi boa sobre o entorno natural que ofrece a vila de Baiona. Agradecer tamén a compañía dos profesores Leopoldo González e Luis Calvo.

Miguel Ángel Álvarez Pérez 3ºA


Bichos varios

Clica aquí para ver máis fotos

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031