blogue deiriachapela

Plan Proxecta Quérot+ 2020/2021

O pasado mes de decembro do 2020, comezamos o Plan Proxecta Quérot+ cos tres cursos de 3º ESO. Nesta primeira sesión, debatemos sobre as posibles fontes de información sobre sexo e sexualidade. Despois de analizalas e valoralas, accedemos á páxina web dos centros Quérot+, para preguntar dúbidas, tomando conciencia da importancia de acceder a contidos fiables. Na seguinte ligazón podemos atopar este servizo:

http://xuventude.xunta.es/querote-mais

 

A muller na astronomía

En 1º ESO, estudamos a presenza da muller na astronomía ó longo da historia. Dende a discriminación dos primeiros anos da carreira espacial ata a presenza igualitaria das últimas misións e do seu futuro. No artigo “¿Bastan 100 tampones para seis días en el espacio?” faise unha revisión ó respecto.

Unha figura relevante no seguinte paso da astronomía e Alyssa Carson, unha das candidatas a ir Marte nos próximos anos. Nunha das súas entrevistas puidemos valorar o seu tesón e a paixón que amosa por conseguir o seu obxectivo.

Alyssa Carson 2.jpg

Día Contra a Violencia de Xénero: Os roles de xénero na publicidade

Para celebrar o Día Contra a Violencia de Xénero, o pasado 25 de novembro traballamos os roles de xénero na publicidade, revisando o papel asignado á muller mediante diferentes materiais: vídeos da época franquista, imaxes publicitarias sexistas, catálogos de xoguetes,... detectando a presenza de discursos machistas e actitudes contrarias á igualdade de xénero. 

Unha mostra do material expresando as diferenzas nos roles é o seguinte:

Mais semella que os costumes van cambiando, pois tamén hai quen fai as cousas ben:

 

 

Plan de continxencia do Departamento de Ciencias

A continuación amósase o plan de contixencia do Departamento de Ciencias. Especifícanse para cada materia os horarios, plataformas virtuais empregadas, titorías co profesorado e correo electrónico de contacto cos mesmos.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930