Iguála-t

Coordinador: Antonio Rey

Charla de Cristina Fernández Piñeiro

A arbitraxe deportiva é un labor difícil e ás veces ingrato. Moita xente pensa que pode gritar, insultar e mesmo agredir a alguén polo feito de regular un xogo segundo unhas normas prescritas. Se a isto lle engadimos que quen arbitra é unha muller xérase unha mestura explosiva.

O xoves visitounos no centro escolar Cristina Fernández Piñeiro, quen fora árbitra internacional de balonmán. Esta muller foi pionera na arbitraxe feminina no balonmán internacional masculino e feminino. Desempeñou labores de delegada para a federación deste deporte dende o 2017 ata o 2020. Aí seguiu constatando a pervivencia de profundos prexuízos e reticencias cara as mulleres e seguiunos denunciando, feito polo que foi cesada do seu posto na Real Federación Española de Balonmán, ao convertirse nunha voz incómoda e reivindicativa.

Contounos o difícil camiño que tivo que facer neste deporte polo simple feito de ser muller. As trabas que tivo que superar nun mundo dominado polo xénero masculino, que se resiste á entrada das mulleres a pesar das repetidas mostras dunha competencia que supera ás veces a moitos dos homes.

O abandono da alta competición deixou un oco no que ningunha muller tomou relevo. As razóns son moitas e variadas, pero todo radica nuns prexuízos que parece que aínda non somos capaces de superar: o rexeitamento do traballo das mulleres nun terreo dominado polos homes polo simple feito de ser muller.

Esta charla forma parte tamén dos programas Inclue-T, EduSaúde e PVAD.

https://www.balonmanoveteranos.com/homenajes-merecidos-5/

https://www.balonmanoveteranos.com/homenajes-merecidos-5/

 

Obradoiros de Igualdade a través da ANPA

A ANPA subvencionou, a través do Pacto de estado pola Igualdade, uns obradoiros sobre Igualdade, novas tecnoloxías e novas masculinidades para o alumnado do centro.

Esta actividade englóbase dentro do programa de conmemoración do 25-N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero

CARTEIS CONTRA A HOMOFOBIA.

Para dar remate á unidade didáctica contra a homofobia que elaboramos desde o grupo de traballo IGUÁLA-T, o alumnado de 2º ESO-B deseñou unha serie de carteis que demostran a súa tolerancia e o respecto pola diversidade. 

Deixamos aquí unha mostra dos carteis seleccionados. 

Parabéns a todos e a todas.

 

"Os amores non matan": Vídeos do traballo realizado

O alumnado de 4ºESO participou no proxecto "Os amores non matan" dentro da programación da Primavera Lila da Concellería de Igualdade do Concello de Baiona. Froito da súa participación e implicación chegan estes vídeos, producto final do seu traballo:

Vídeo 4ºA:


Vídeo 4ºB:

 

A HOMOFOBIA NO CONTEXTO EDUCATIVO

O 17 de maio, ademais de conmemorarmos o Día das Letras Galegas, tamén se celebra o Día Internacional contra a Homofobia, Transfobia e Bifobia. É por iso que desde o grupo de traballo do Contrato Programa IGUÁLA-T decidimos elaborar a unidade didáctica A homofobia no contexto educativo para concienciar o alumnado da situación que padecen moitos adolescentes nos centros educativos e fomentar así o respecto pola diversidade, a igualdade e a liberdade. 

Nos arquivos adxuntos atopamos dous documentos: a xustificación e presentación da unidade, na que tamén se inclúen unha serie de actividades, e un segundo documento a modo de apoio visual para desenvolver as sesións desde as respectivas titorías. 

Agardamos que sexa de grande utilidade e que desde o noso labor docente axudemos a construír persoas libres, sas e liberadas de calquera tipo de prexuízo. 

 

 

Revista mulleres científicas

Da unión do Contrato-Programa Iguálate e do Plan Proxecta Rapazas emprendedoras nas TIC, naceu una idea que finalmente saíu á luz. O resultado dese proxecto interdisciplinar que levou a cabo o alumnado de Secundaria é a Revista das Mulleres Científicas.

Un dos obxectivos principais desta actividade foi poñer en valor a contribución das mulleres en cada un dos campos nos que traballaron. En moitas ocasións, o recoñecemento ós seus logros foi posterior á súa morte. Por iso, consideramos necesario destacar o seu labor e dar a coñecer o seu papel na sociedade.

Por outra banda, a lingua vehicular da revista é o galego. Deste xeito, contribuímos á súa normalización no día a día dos estudantes ó tempo que se fai notar a escasa presenza da lingua galega nesta área.

Obradoiro afectivo sexual: a menstruación

A adolescencia é un período cheo de cambios físicos, entre os cales sen inclúe a menstruación. Na sociedade existen numerosos tabús ó respecto, polo que é necesario dotar dos coñecementos necesarios ó noso alumnado, tanto nenos coma nenas. Deste xeito, contribuímos a eliminar as barreiras que as mulleres teñen por causa do seu xénero.

Para chegar a tal fin, os estudantes de 1º da ESO recibiron un obradoiro afectivo sexual centrado na menstruación.

Día Contra a Violencia de Xénero: Os roles de xénero na publicidade

Para celebrar o Día Contra a Violencia de Xénero, o pasado 25 de novembro traballamos os roles de xénero na publicidade, revisando o papel asignado á muller mediante diferentes materiais: vídeos da época franquista, imaxes publicitarias sexistas, catálogos de xoguetes,... detectando a presenza de discursos machistas e actitudes contrarias á igualdade de xénero. 

Unha mostra do material expresando as diferenzas nos roles é o seguinte:

Mais semella que os costumes van cambiando, pois tamén hai quen fai as cousas ben:

 

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031