Actividades de secundaria

PREMIO DA ONCE

Os alumnos de 3ºDC foron gañadores no Concurso da ONCE na fase Provincial e estamos moi contentos. Este ano enviamos tres traballos, dous en 4ºda Eso sobre a accesibilidade no pobo de Castroverde e un sobre a accesibilidade no Centro, que foi o que gañou. O certo é que fixemos unha serie de actividades de sensibilización que foron moi instructivas para os alumnos e que serviu para decatarnos das enormes dificultades que teñen día a día moitas persoas para saír adiante e pensamos que iso ten que cambiar, que debemos facer un mundo para todos. Queremos agradecer a tódolos que nos axudaron a realizar estas actividades, a Cruz Vermella por facilitarnos cadeiras de rodas, a Eva por axudarnos a facer un plano do Centro e sobre todo a Javier, que nos axudou a comprender o que nós non víamos. Gracias tamén á Once por facernos este honor. Agora pasamos a fase Autonómica, e quen sabe?

GANADORES ONCE

VISITA DOS ALUMNOS DA PUEBLA

Os nosos alumnos foron visitar una quesería cos nosos visitantes de Puebla e despois fixemos unha probas do que aprendimos misturados para facer máis relación e para rematar a xornada o gran momento fútbol e agasallos…Todo ben. Ata o ano que vén!

nA BIBLIOTECA

EXPOSICIÓN DE EDUCACIÓN FÍSICA

 Durante unha semán do mes de Xaneiro, o Departamento de Educación Física levou a cabo a Exposición itinerante sobre Educación, Deporte e Valores (Secretaría Xeral para o Deporte. Programa XOGADE 2011-2012), na que se amosan diferentes ideas e conceptos relativos ós valores educativos propios do deporte e que son coincidentes coa vida cotiá. Os/as alumnos/as da ESO fixeron un traballo no que reflexionaron a cerca de estes valores universais.

PREVENCIÓN DE CONDUCTAS VIOLENTAS

iniciando a sesión

Os alumnos e alumnas de 2º de ESO participamos nun taller de "Prevención de conductas violentas" oranizado e impartido pola Cruz Vermella.

Distribuir contenido