Actividades de secundaria

VIDEOCONFERENCIA: COMO QUEREMOS QUE NOS VEXAN E COMO NOS VEN

O luns 30 de setembro tivo lugar unha videoconferencia no centro para alumnado de ESO. Nela Marcos Castro Sandúa mostrounos como moitas veces actuamos dun xeito para conseguir que a opinión que os demais teñen sobre nós sexa a que no noso entorno se considera boa. O resultado, moitas veces, non é ese se non máis ben o contrario pois o comportamento dos demais diante de nós non sempre se corresponde co que falan diante dos seus amigos ou nas redes sociais.

MARCOS CASTRO

OLIMPÍADA TECNOLÓXICA EN SARRIA

Un ano máis xuntámonos varios colexios para coñecernos gracias á tecnoloxía. Coma en cursos anteriores tivemos probas pola mañá, xantar no Chanto, entrega de premios e diplomas, actuación de Peter Punk e camiñata, que conseguimos levar a termo, despois de dous cursos tendo que suspendela polo tempo.

PREMIO INVESTIGARTE

INFINITO

Esta é a foto gañadora do concurso INVESTIGARTE, creada por Lorena, alumna de 4º de ESO do noso centro. Parabéns Lorena!!! A súa obra chámase "O infinito nas nosas mans". 

Aquí podedes ver os gañadores, a foto gañadora comentada e enlaces a outras dúas obras participantes: "Ollo de Vidro" e Eva's creadas no CPI de Castroverde.

A ESQUIAAARRR!!!!

Con motivo da próxima excursión a Andorra, as alumnas e alumnos de 4º de ESO traballaron duro para recaudar fondos e abaratar así un pouco o custo: foron artesáns, feirantes, actores, etc.

INICIATIVAS EMPRENDEDORAS

iniciativasEste ano viñeron a dar un curso para os alumnos de terceiro que cursan a orientación ao mundo laboral, convidados polo seu profesor Manolo Veiga. Deron o curso Xosé Ramón de Outeiro de Rei, que ten o proxecto de "Vida de Aldea" http://www.vidadealdea.com/ , e a profesora da Universidade e emprendedora Mar Iglesias. Colabora neste proxecto Doris, do concello de Castroverde. Pensamos que os nosos alumnos terán agora unha visión máis realista do mundo empresarial e por que non, podemos ter moitos e moitas novas ideas que xeneren riqueza para eles e as súa zona. ¡Sorte e ánimo!

 

Distribuir contenido