Actividades de secundaria

OLIMPÍADA TECNOLÓXICA

 

O  30 de maio de 2014, o CPI de Castroverde, o CPI de Cervantes, o CPI Poeta Uxío Novoneyra de O Caurel, o CPI de Taboada, o IES Leiras Pulpeiro e o IES Gregorio Fernández de Sarria participaron na fase presencial da VIII Olimpíada Tecnolóxica que se celebrou en San Román de Cervantes.  Os equipos heteroxéneos de 6 alumnas e alumnos de 2º, 3º ou 4º de ESO  estiveron formados por alumnos e alumnas dos diferentes centros participantes. Previamente realizaron unha fase virtual.
Web da Asociación Educativa Tecnogalicia

CAIXAESCENA

A última din de semana de abril os alumnos de 4º de ESO estiveron participando nas xornadas de Caixaescena, unha inmersión no mundo da interpretación na que tamén conviviron con alumnado doutros centros. Celebrouse en Santiago de Compostela.

BAILANDO

OUTRAS FOTOS

 

CONFERENCIA DE JORGE MIRA: A QUE DISTANCIA ESTÁ O CEO?

23/04/2014 12:35

O 23 de abril de 2014 terán lugar unhas actividades de  divulgación científica, de resolución de problemas e cálculo matemático. Poden asistir todas as persoas interesadas.
Os horarios aproximados son os seguintes:
12:35 a 13:05- Xogo "Verbas van"
13:05 a 14:15- Conferencia  "A que distancia está o ceo?"
O Dr. Jorge Mira Pérez, á marxe do seu labor en diferentes medios de comunicación, tamén é catedrático de electromagnetismo e director do Departamento de Física aplicada da Facultade de Física da USC. Ten recibido numerosos premios pola súa traxectoria de investigación e é director do Programa ConCiencia, artellado en base a visitas de Premios Nobel a Galicia.

MESA REDONDA "A MULLER NO RURAL"

voluntarias participantes
alumnado

O 17 de marzo de 2014, tivo lugar unha mesa redonda na que se tratou sobre a agricultura e gandería dos Concellos de Baleira e Castroverde e as expectativas de futuro. Na mesa redonda participaron, xunto co alumnado de 3º e 4º de ESO, as seguintes profesionais:
1.Estrella Ramos González- Gandeira e axente de substitución 
2.Pilar Díaz Fernández- Veterinaria   
3.Manuela Vázquez Queizán- Enxeñeira Técnica Agrícola

MESA REDONDA "A MULLER NO RURAL"

O 17 de marzo de 2014, de 15:25 a 16:15 horas, terá lugar unha mesa redonda na que se tratará sobre a agricultura e gandería dos Concellos  da nosa comarca e as expectativas de futuro. A mesa redonda desenvolverase desde o punto de vista das mulleres que traballan en profesións directamente relacionadas co agro. Poden asistir todas as persoas que o desexen. As mulleres participantes (dúas nais de alumnos e unha veciña do Concello), ás que agradecemos a súa intervención, serán:
1. Estrella Ramos González- Gandeira e axente de substitución. 
2. Pilar Díaz Fernández- Veterinaria
3. Manuela Vázquez Queizán- Enxeñeira Técnica Agrícola.

Distribuir contenido